in

Galeatro estrea ‘Arte sen guión’, o volume 4 do ciclo Clásicas desfeitas

Arte sen guion |
'Arte sen guión'. Imaxe de Manuel G. Vicente.

A compañía Galeatro estrea hoxe Arte sen guión, unha peza que conforma o volume 4 do ciclo Clásicas desfeitas, coproducido pola Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego dentro do programa de Residencias Artísticas do Gaiás (REGA). Ademais da función de hoxe ás 18.00 horas, haberá outra tamén mañá ás 12.00 horas no Xardín Literario da Cidade da Cultura (ao que se accede dende o andar -1 do Museo).

Arte sen guión reflexiona arredor de se existiu o teatro medieval en galego e pescuda a posibilidade dun teatro clásico galego do que non existen obras escritas. Partindo do estudo das estruturas narrativas e dramáticas medievais e dos materiais en lingua galega previos ao Rexurdimento, e coas ferramentas da improvisación contemporánea, a comedia e a música, o espectáculo propón unha nova lectura do patrimonio cultural galego.

Catro comediantes representan as pezas recollidas nun estraño códice da Idade Media. Arte sen Guión é unha especulación improvisada, unha relectura dun tempo deostado e unha comedia que recorda que nin antes eran tan antigos, nin a sociedade actual é tan moderna.

En 2022, Clásicas desfeitas convida a redescubrir, baixo novas formas e linguaxes, textos clásicos da literatura medieval e renacentistas galega e portuguesa. Un encontro con artistas que apostan por levar o teatro máis aló das táboas tradicionais, ocupando espazos arquitectónicos e naturais para a creación escénica.


Publicidade

A compañía

Galeatro é a primeira compañía de teatro profesional de Carballo. Fundada polos actores Tone Martínez e Alba Bermúdez, ten percorrido gran parte dos centros educativos de Galicia cos seus espectáculos didácticos De Leria con Castelao, O Contador de Contos, Contos no Faiado e O Xogo das Letras. No 2017, coproduce xunto co FIOT o seu primeiro espectáculo de gran formato Muiñada. Esta colaboración afianzouse coa coprodución de Carabela no ano 2020.

Á súa vertente artística súmase o seu labor de formación teatral, que no último ano chegou a máis de 200 estudantes. Galeatro nace coa intención de achegar as artes escénicas a un público familiar, contando para isto con dramaturgas galegas vivas coma Ana Carreira ou Paula Carballeira. Con Arte sen guión, a compañía pretende dar un paso máis achegándose ao público xuvenil e adulto sen esquecer as súas raíces.

Equipo técnico e artístico:

  • Miguel Canalejo: Actor / Director
  • Alba Bermúdez: Actriz / Espazo escénico
  • Tone Martínez: Actor
  • Cris Iglesias: Actriz
  • Nacho Martín: Espazo sonoro
  • Anahí Taraburelli: Deseño de vestiario

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Camiño Escena Norte

Camiño Escena Norte abre o prazo de inscrición de espectáculos para o Itinerario Constelacións

Imagem enviada por Artistas Unidos de Lisboa.

O Jorge Silva Melo