in

A Agadic convoca as axudas á creación para compañías profesionais e as subvencións ás salas de titularidade privada

Butacas |

A Agadic vén de publicar a convocatoria anual das axudas á creación para compañías profesionais e tamén a das axudas ás salas de titularidade privada. O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de abril. As dúas liñas de subvencións suman un investimento de 950 000 euros, dos cales 800 000 euros corresponden ás primeiras e os 150 000 restantes ás segundas.

As compañías dedicadas profesionalmente á produción escénica con actividade maioritaria en Galicia son as destinatarias da convocatoria á creación nas súas catro categorías: espectáculos de empresas de nova creación, montaxes de teatro, novo circo e maxia, de danza e artes do movemento e actividade escénica plurianual.

En canto á axuda para as salas privadas de artes escénicas, as adxudicatarias deberán destinar as axudas a cubrir os gastos vinculados coa programación, como remuneracións por espectáculo, servizos asociados, dereitos de autor, contratación de persoal e comunicación e publicidade.


Publicidade

Ao longo deste ano tamén volverán publicarse as convocatorias para a organización de festivais e para a distribución de espectáculos dentro e fóra de Galicia.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Imagem enviada por Artistas Unidos de Lisboa.

O Jorge Silva Melo

1024px Waterhouse Hylas and the Nymphs Manchester Art Gallery 1896.15 n2 |

Os homes que contan a nosa historia