in ,

Primeiras imaxes de ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’ a nova produción do CDG

Ás oito da tarde CDG
Foto: Miramemira

 Ás oito da tarde, cando morren as nais, a nova produción do CDG está a ultimar os detalles para a súa estrea o 14 de abril no Salón Teatro de Santiago. Marta Pazos firma esta montaxe baseada no texto de AveLina Pérez, gañador do Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais de 2018.

Nas primeiras imaxes facilitadas polo Centro Dramático Galego podemos ver a impactante parte plástica de cores contrastadas e ton subrealista, un traballo escenográfico de Blanca Añón  e vestiario de Pier Paolo Álvaro.

Ás oito da tarde, cando morren as nais preséntase como “un canto coral sustentado no baleiro, un xogo irónico sobre a relación entre o teatro e a súa recepción”. Nel, “a procura da identidade individual, amparada na masa superficial e ignorante, que presume de coñecementos inútiles, amósase indecente. Nun teatro, lugar (supostamente) de encontro, asistimos ao espectáculo da estupidez. E debaixo de todo o insultante: nós. Tan pequeniños, tan perigosos…”.


Publicidade

A peza estará en cartel no Salón Teatro ata o día 1 de maio, con funcións os xoves, venres e sábados ás 20.00 horas, e os domingos ás 18.00 horas. Ademais, os mércores 20 e 27 de abril haberá funcións descontraídas ás 18.00 horas.  A partir da segunda semana da peza en cartel, en todas as representacións estará en probas o novo sistema de linguaxe de signos, audiodescrición e sobretitulado que introduciu esta tempada o CDG. Ademais, o teatro porá ao dispor do público o programa de lectura fácil, en colaboración coa asociación FADEMGA Plena Inclusión.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Onde pousa a humidade' de Marcia Vázquez

O Colectivo RPM desvela os proxectos seleccionados para as Residencias Paraíso 2022

Alma de tigre © Vanessa Rabade 1 |

Elefante Elegante estrea ‘Alma de tigre’