in ,

Óscar Cobos estrea ‘Bailador’ con música de Berrogüeto

'Bailador'. Foto Óscar Cobos.
'Bailador'. Foto Óscar Cobos.

Óscar Cobos Compañía de Danza estrea Bailador este venres 3 de xuño, ás 20h30, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.

Dirección de Óscar Cobos e artística de Jaime Pablo Díaz (Nova Galega de Danza) e un elenco formado por Ruth Perez, Rebeca Tallon, Nerea Fouz, Eva Diago, Lorena Toimil, Uxia Portela, Marta Mosquera, Nuria Gesteira e Cristina Canose.

Bailador é un espectáculo de danza galega contemporánea baseado nas músicas de Berrogüetto. Trátase dunha obra coreográfica que rende homenaxe a unha música que non naceu para ser bailada. A danza de raíz galega mestúrase con outras linguaxes do movemento, para darlle un sentido corporal á música dun grupo que transformou o xeito de entender o son da nosa terra.

Bailador reivindica o papel fundamental da muller galega como preservadora e transmisora da sabedoría popular. “Se o noso baile chegou ata os nosos dias foi grazas a elas, mulleres eclipsadas da nosa historia, que en moitos casos non se atrevían a “levar o baile” por mor de verse rexeitadas no seu círculo máis próximo”, din dende a compañía.


Publicidade

“Bailador é unha mostra de respecto, cariño e admiración a todas esas mulleres que, de xeración en xeración, foron quen de perpetuar no tempo as formas danzadas que configuran o noso baile, facendo gala, en moitos casos, de habilidades únicas”, afirman.

Bailador é un espectáculo de mulleres feito por mulleres e traballado dende o prisma do feminino, segundo indican dende a compañía. Un conto sen historia onde a música e a danza representan, entre outras, a señora Balbina, de Carcacía, a señora Rosa, de Acevedo, a señora Matide, de Limiñoa, ou a señora Concepción, de Santa Comba.

“Bailador é un divertimento apto para todos os públicos, unha contradición en si mesma, que dá conta de que nós somos porque elas están, e non ao revés”, comentan.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Nuria Sotelo en Mortais e vulnerables

O programa de intercambios escénicos Cruzamentos acepta solicitudes de artistas e compañías

Microefectos Dramatúrxicos Lugo.

Os Microefectos Dramatúrxicos volven a Lugo