Elvi Balboa, coreógrafa galega nacida en Sanxenxo, foi seleccionada para formar parte da rede estatal ACIELOABIERTO, coa súa peza AM I WHAT?.
A xira da compañía está conformada por 5 Festivais da rede, o Auditorio de Tenerife, Festival Traxectos, Sismograf, Figueres É mou e Mais Danza nas Palmas e así mesmo teremos a oportunidade de vela noutros circuítos como o Tac de Valladolid onde a compañía adaptou a peza a catro sitios emblemáticos da cidade ou Palma Dansa en Mallorca, onde crearon un site specific nun Castelo.
As propostas artísticas de Elvi Balboa adoitan converter os espazos públicos e os singulares en espazos de investigación e creación. Adáptanse sempre á contorna na que se presentan e ofrecen unha imaxe axustada do carácter único e efémero da danza.
A coreógrafa cítanos as palabras de Pallasma:
“Na experiencia da arte ten lugar un peculiar intercambio; eu préstolle as miñas emocións e asociacións ao espazo e o espazo préstame a súa aura, que atrae e emancipa as miñas percepcións e ideas.
Am I What?, a peza seleccionada, é un canto á individualidade dos seres humanos fronte a unha colectividade que trata de engulilos.
Durante a viaxe, os corpos móvense polo desexo de ser vistos. Liñas. Emerxe o ego entre a suor da multitude. A vida é unha viaxe de corpos que desexan e se moven. Unha voz di: ver a secas.”
DATAS DA XIRA
01 abril SISMOGRAF OLOT
01 maio PALMADANSA
14 maio AUDITORIO DE TENERIFE
28 e 29 maio TAC DE VALLADOLID
26 xuño FESTIVAL TRAXECTOS ZARAGOZA
01 xullo FIGUERES É MOU
22 agosto FESTIVAL C (NASENDA) AUDITORIO DE GALICIA
12 outubro MASDANZA GRAN CANARIA