in

O IES Chapela, a Asociación Xaruma e a ESAD de Galicia estrean ‘Pon o teu propio título’

Teatro comunitario Xanela |

Máis de dúas ducias de persoas, entre alumnado e profesorado do ciclo de FP de Atención a persoas en situación de dependencia do IES de Chapela, persoas usuarias e profesionais da Asociación Xaruma para a integración e promoción social de persoas do eido da saúde mental, e alumnado e profesorado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg), estiveron a colaborar ao longo do curso académico 2021-2022 na realización dun proxecto de teatro comunitario, empregando o teatro como ferramenta de aprendizaxe, expresión, inclusión e transformación social. O proxecto, desenvolvido baixo a dirección teatral de Roi Vidal (ESADg), a coordinación social de María Rodríguez (Asociación Xaruma) e a coordinación pedagóxica de Fátima Ferreiro, Fátima Paz e Irene Sánchez (IES de Chapela), contou tamén co apoio do Concello de Redondela, que lles cedeu ás persoas participantes as instalacións do multiusos Piñeiral do Crego para os ensaios.

Froito do traballo conxunto, xurdiu o grupo de teatro Xanela (Xaruma + Chapela), que agora presenta a obra de creación colectiva Pon o teu propio título. A estrea terá lugar hoxe, venres 3 de xuño, ás 19:30 horas no multiusos Piñeiral do Crego (Chapela), e agárdase que nela o público teña o seu propio papel. O acceso será de balde e estará aberto a todas as persoas que desexen asistir ata completar aforo.


Publicidade

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Cigarreiras' de Contraproducións. Premio María Casares ao Mellor Espectáculo.

XXVI Premios de Teatro María Casares

'Am I What' de Elvi Balboa. Foto de Ioar Labat

Elvi Balboa seleccionada na rede estatal ACIELOABIERTO