in ,

Elvi Balboa seleccionada na rede estatal ACIELOABIERTO

'Am I What' de Elvi Balboa. Foto de Ioar Labat
'Am I What' de Elvi Balboa. Foto de Ioar Labat

Elvi Balboa, coreógrafa galega nacida en Sanxenxo, foi seleccionada para formar parte da rede estatal ACIELOABIERTO, coa súa peza AM I WHAT?.

A xira da compañía está conformada por 5 Festivais da rede, o Auditorio de Tenerife, Festival Traxectos, Sismograf,  Figueres É mou e Mais Danza nas Palmas e así mesmo teremos a oportunidade de vela noutros circuítos como o Tac de Valladolid onde a compañía adaptou a peza a catro sitios emblemáticos da cidade ou Palma Dansa en Mallorca, onde crearon un site specific nun Castelo.

As propostas artísticas de Elvi Balboa adoitan converter os espazos públicos e os singulares en espazos de investigación e creación. Adáptanse sempre á contorna na que se presentan e ofrecen unha imaxe axustada do carácter único e efémero da danza.

A  coreógrafa cítanos as palabras de Pallasma:

“Na experiencia da arte ten lugar un peculiar intercambio; eu préstolle as miñas emocións e asociacións ao espazo e o espazo préstame a súa aura, que atrae e emancipa as miñas percepcións e ideas.

Am I  What?, a peza seleccionada, é un canto á individualidade dos seres humanos fronte a unha colectividade que trata de engulilos.

Durante a viaxe, os corpos móvense polo desexo de ser vistos. Liñas. Emerxe o ego entre a suor da multitude. A vida é unha viaxe de corpos que desexan e se moven. Unha voz di: ver a secas.”

DATAS DA XIRA

01 abril  SISMOGRAF  OLOT


Publicidade

01 maio  PALMADANSA

14 maio AUDITORIO DE TENERIFE

28 e 29 maio  TAC DE VALLADOLID

26 xuño FESTIVAL TRAXECTOS ZARAGOZA

01 xullo  FIGUERES É MOU

22 agosto FESTIVAL C (NASENDA) AUDITORIO DE GALICIA

12 outubro MASDANZA GRAN CANARIA

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Teatro comunitario Xanela |

O IES Chapela, a Asociación Xaruma e a ESAD de Galicia estrean ‘Pon o teu propio título’

Lecons du Vendredi |

María Roja e Vanesa Varela estrean a performance ‘Leçons du Vendredi’