in ,

Teatro Escoitade recibe en Portugal o Premio Palco de Terra polos seus 50 anos

A compañía portuguesa Teatro de Balugas organiza estes premios de teatro

Teatro Escoitade de Vigo
Teatro Escoitade de Vigo celebra o seu 50 aniversario en 2022.

O grupo de teatro amador de Vigo, Teatro Escoitade, foi premiado na categoría “Institución” nos Premios Palco de Terra organizados pola compañía portuguesa Teatro de Balugas. O galardón quere recoñecer o traballo desenvolvido polo grupo vigués ao longo de 50 anos na dinamización e promoción do teatro afeccionado en Galicia.

Xunto a Teatro Escoitade, os premios tamén recoñecen, na categoría de “Personalidade” ao actor e director Manuel Ramos Costa, por unha vida dedicada ao teatro afeccionado, en especial, na Contacto – Companhia de Teatro Água Corrente de Ovar.

Palco de Terra, os premios do amador

Os Premios Palco de Terra son unha iniciativa da compañía Teatro de Balugas, cuxa primeira edición se realizou en 2017. Son galardóns concedidos anualmente para recoñecer e agradecer o traballo e o esforzo de persoas e institucións, no ámbito do teatro realizado no medio rural e da creación artística sobre o norte de Portugal e Galicia.


Publicidade

A cerimonia de entrega será o día 11 de decembro, ás 16.30 horas, no auditorio da Xunta de Freguesía de Balugães (Barcelos), que acolle o Palco de Terra – Festival de Teatro Afeccionado do Noroeste Peninsular.

O actor, director e dramaturgo Fernando Piñeiro foi o vencedor da primeira edición en 2017, e xunto a él súmanse nomes como Cénico Lírio do Neiva (2018), Núcleo Promotor do Auto da Floripes 5 de Agosto (2019), Dantas Lima (2019), Teatro do Noroeste-CDV (2020), Orlando Alves (2020), Programa CREARTE – Crescimento da Arte Teatral em Esposende (2021) e Maria Laura Pinto (2022).

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Pilar Murias, Jacobo Sutil, Antonio López e Fran Núñez. FOTO: Santi Alvite

Shakespeare chega á Universidade de Santiago da man do CDG

Artista facendo un espectáculo con lume, por Andrea Bertozzini

Sobre a liberdade da comedia