in ,

Shakespeare chega á Universidade de Santiago da man do CDG

CDG e USC asinan un acordo pola cesión do Salón Teatro e o Salón Nobre do Colexio Fonseca, onde se ensaiará e representará Shakespeare en Roma

Pilar Murias, Jacobo Sutil, Antonio López e Fran Núñez. FOTO: Santi Alvite
Pilar Murias, Jacobo Sutil, Antonio López e Fran Núñez. Foto: Santi Alvite

A Universidade de Santiago e o CDG Centro Dramático Galego, veñen de asinar un convenio de colaboración que permitirá a cesión de espazos entre as dúas entidades para o desenvolvemento de diferentes proxectos escénicos.

Deste xeito, a USC cederá o Salón Nobre do Colexio de Fonseca para os ensaios e a representación do espectáculo Shakespeare en Roma e a Agadic permitirá a celebración do Festival Internacional de Teatro Universitario e do Festival USCénica no Salón Teatro, conseguindo unha maior aproveitamento dos espazos de titularidade pública.

O acordo permitirá conectar o mundo escénico profesional co público universitario a través de  relatorios, obradoiros ou faladoiros, entre outras actividades de divulgación cultural. Así, a comunidade universitaria, e particularmente o alumnado, poderá coñecer de primeira man o universo escénico. Ademais, esta liña de acción busca desenvolver proxectos artísticos pedagóxicos nos que a acción teatral se introduza no currículo académico e poida incidir na formación integral do alumnado. Deste xeito, e tal e como se establece no convenio, a Agadic realizará actividades de mediación e promoción cultural a partir da temática de Shakespeare en Roma nas facultades de Historia, Ciencias Políticas e Sociais, Filoloxía e Filosofía.


Publicidade

A cesión do Salón Nobre de Fonseca abarcará do 1 de decembro de 2022 ao 3 de abril de 2023. A estrea de Shakespeare en Roma terá lugar o 9 de febreiro. Pola súa parte, a USC disporá do Salón Teatro do 6 ao 11 de marzo de 2023 para a realización do Festival Internacional de Teatro Universitario. A institución universitaria tamén botará man deste espazo durante tres días do mes de xullo co gallo de USCénica.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Iphixenia na porta do súper. Alba Caneda

Iphixenia: unha nini de barrio na multipremiada obra que ensaia Compañía Humana

Teatro Escoitade de Vigo

Teatro Escoitade recibe en Portugal o Premio Palco de Terra polos seus 50 anos