in ,

A danza chega ós bares de Vigo nunha edición especial do Teatro Gorrilla

Será o 17 de decembro e contará con Amparo Martínez, Vanessa Lozano, Marcia Vázquez e Martín de Los Arcos

'Onde pousa a humidade' de Marcia Vázquez
'Onde pousa a humidade', de Marcia Vázquez

Teatro Gorrilla volve cunha edición especial para rematar o ano centrada na danza. A programación inclúe tres pezas para tres espazos alternativos e non convencionais como son A Morada, A Casa de Arriba e a Sala Kominsky en Vigo.

Será o 17 de decembro cunha xornada que se iniciará ás 17.00h en A Morada coa creadora de danza e movemento Amparo Martínez e a súa peza “Retake”, proposta que ven do pasado, mais está tan presente e viva coma entón.

Tamén haberá un mercado de nadal que organizan dende o espazo A Morada, con postos de todo tipo para ir pasar o día entre artesanías, obradoiros e espectáculos.

Na Casa de Arriba ás 20.00h, Vanessa Lozano compartirá co público a súa peza “No sé dónde encontrarme”, un solo de danza desta bailarina venezolana, que remove o seu adentro para sacar fora.


Publicidade

O remate desta edición danza será na Kominsky ás 21.00h co duo de Marcia Vázquez e Martín de Los Arcos, chamado “Bipedestrucción”, unha proposta escénica na súa primeira fase de investigación/creación. Cunha forte aposta pola improvisación, ambos traballan sobre forma e deformación continua do corpo. O dúo transita continuamente por diversas identidades rompendo formas impostas ou adquiridas.

A democratización das artes escénicas

Teatro Gorrilla é un proxecto autoxestionado e alternativo impulsado por Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña e que pretende transformar e democratizar a cultura na cidade olívica, levando propostas contemporáneas de artes escénicas aos bares, lugares cheos de vida que apoian o arte a través de múltiples concertos, por iso, queren que as artes escénicas tamén teñan presenza nestes espazos non convencionais, e así, visibilizar novas propostas de artistas independentes en Galicia.

Teatro Gorrilla comeza como resposta á baixa visibilidade das artes escénicas e a escaseza de espazos para a sua práctica e desfrute na cidade de Vigo. O funcionamento de taquilla inversa, é a de aportar polo espectáculo unha vez sexa disfrutado e así valorar canto queres pagar por él, sendo o mínimo recomendado de 3€. Isto está inspirado no teatro de rúa onde se pasa a gorra.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

318507427 560287182762986 7739511187287867440 n |

As orixes do poder, o alumnado da ESAD e a nai que me pariu!

'HUGO'. Os Náufragos Teatro.

HUGO