in , ,

A MIT de Ribadavia publica as bases do Premio Abrente 2023 no seu 50 aniversario

Cumprense 50 anos dende a primeira edición da Mostra de Teatro Galego Abrente, orixe da actual etapa internacional

Bases do Premio Abrente
Galardóns do Premio Abrente. Foto: MIT de Ribadavia

O Concello de Ribadavia, a través da MIT – Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, vén de publicar as bases do Premio Abrente de Textos Teatrais 2023. O Premio conta cunha dotación de 3.500€, a edición e divulgación da obra premiada e o acompañamento do festival para a súa posta en escena, na medida das posibilidades e dos intereses do autor/a.

O Premio Abrente, que foi creado na nova etapa internacional do festival, celebra dezaoito edicións este ano coa vontade de “revalidar ese espírito de fomento á creación galega en sintonía coas relacións internacionais que promove a MIT, entendida coma un servizo público para a sociedade galega do presente”, din dende a organización.

O Premio Abrente é un dos principais certames de creación teatral do país e está conectado coa memoria e recoñecemento a aquel impulso colectivo e solidario do asociacionismo sociocultural, do teatro independente que soñaba cun futuro democrático e de modernización das nosas artes.

A dramaturga e subdirectora da erregueté, Ana Abad de Larriva, foi a gañadora da anterior edición do Abrente, e entre as dramaturgas e dramaturgos que acadaron o premio atópanse Vanesa Sotelo, Roberto Salgueiro, AveLina Pérez, Manuel Lourenzo, Xandra Táboas, Ernesto Is, Marcos Abalde, Esther Carrodeguas, Roi Vidal, Fernando Epelde, José Luis Baños de Cos, Carlos Losada, Antonio Yáñez e Fran Godón.


Publicidade

50 anos de MIT de Ribadavia

Neste ano 2023, celébrase os 50 anos da primeira Mostra de Teatro Galego Abrente de Ribadavia. Unha efeméride que quere servir de punto de encontro e debate sobre a profesionalización do teatro galego sendo Ribadavia “a capital das Artes Escénicas galegas”, afirman dende o Concello.

O anuncio das bases do Premio Abrente 2023 é un dos primeiros pasos de cara á organización das actividades que terán lugar na edición de 2023 da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que se celebrará entre o 15 e o 23 de xullo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Sala Ártika de Vigo

As salas privadas de artes escénicas galegas reciben 200.000 euros para o seu funcionamento

Alleo colectivo glovo

Colectivo Glovo convoca as residencias Atopémonos Bailando