in ,

Ana Abad de Larriva gaña o 17º Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia

Ana Abad de Larriva premio abrente
Ana Abad de Larriva. Imaxe de David Rodas.

O Xurado do 17º Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional, MIT, de Ribadavia, formado por Irene Moreira, Paloma Lugilde, Laura Míguez e Roberto Pascual, con voz pero sen voto, reuniuse onte e decidiu por unanimidade conceder o premio ao texto titulado A nunca vista e presentado baixo o lema “Que caia o pano!”. Unha vez aberta a plica, a autora premiada resulta ser Ana Abad de Larriva.

O xurado decidiu conceder o premio a unha peza que consideran “de importante innovación temática, que  está conectada coa antropoloxía cultural galega, relacionada co peche familiar de persoas con diversidades ou fóra do canon estético social imposto”.

É unha peza, indican, “moi ben armada, con estrutura contundente para amosar con claridade o que e como se quere contar e que abre portas ás nosas tradicións e complexos máis ocultos dun xeito moi eficaz e de gran poder documental”. Destacan tamén “a tenrura da peza, o seu poder emocional e a capacidade evocativa do universo da personaxe e da súa contorna”. Ten, indican, “moitas posibilidades escénicas para o traballo interpretativo e de creación do espazo sonoro”. A autora recollerá o premio hoxe, 15 de xullo, na inauguración da 38ª edición da MIT, nun acto con música en directo e que abrirá unha nova edición do festival.

Publicidade

Ana Abad de Larriva é titulada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e en Xornalismo pola USC. Dramaturga e actriz, obtivo este ano a II Bolsa de Dramaturxia do CDG polo proxecto Bailar no ceo. Entre outros recoñecementos á súa creación, xa recibira o Premio Roberto Vidal Bolaño en 2019 por A sombra das árbores, e gañou tamén en 2021 o primeiro certame de microteatro da memoria convocado pola Deputación de Pontevedra e a ESAD de Galicia, con Un biolo na noite. É subdirectora da erregueté | Revista Galega de Teatro e tamén investigadora, doutora en Comunicación pola Universidade de Vigo, cunha tese sobre a construción da presenza escénica. Estará moderando tamén o I Encontro Interxeracional do Teatro Galego o día 24 de xullo na MIT.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Presentacion Cangas 1 Imaxe de Alberte Bello |

Presentación do número 103 e do libro en Cangas

2022 MINGUANTE 69 |

Entremáns estrea ‘Minguantes’ no Rúa Ext-Cénica de Oleiros