O Premio PLATTA de Teatro Breve vén convocar a súa cuarta edición. Este certame nace á beira das actividades que se desenvolven na Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador, formada pola FETACyL, Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana/TEIA-Teatro em Iniciativa Associativa, FEGATEA e a erregueté, co obxectivo de estimular a escrita de textos teatrais e promover a súa publicación e tradución, así como a súa difusión dentro do contexto do teatro amador.
As obras serán de temática libre e terán unha extensión de 5 a 10 páxinas. Poderán presentarse nos tres idiomas da PLATTA (portugués, galego ou castelán). O período de admisión de orixinais remata o 25 de agosto de 2023 e darase a coñecer o gañador ou gañadora nun prazo de 10 días hábiles a contar desde a data de peche.
O texto gañador será publicado nas tres linguas (castelán, galego e portugués) dentro da colección PLATTA da erregueté, e realizarase tamén unha lectura dramatizada nos tres idiomas no Festival Transfronteirizo de Teatro Amador que se realizará entre os días 20 e 22 de novembro no Teatro Sá Miranda de Viana do Castelo.
Bases completas do IV Premio Platta Teatro Breve 2023