Por que o fracaso na dirección teatral é tan asombroso?
Primeiro repasamos o imprescindíbel para aprender a dirixir que é facelo moito. Para iso os ingredientes son ensaio e público. Se tiveramos que facer unha fórmula científica sería: Éxito na Dirección de Escena = Tempo de Ensaio x Público (dividido por Funcións) e sairía a cantidade de experiencia que nos acredita, por exemplo en horas, na dirección ao igual que pilotar unha nave. Pódenche explicar un milleiro de veces o manegho (lede isto coa gheada aspirada que o meu pai lle dá cando se refire aos enterados da vida) da máquina pero ata que te ves no aire soa non sabes se podes facelo. Pois é o mesmo na aprendizaxe da dirección teatral, que é a través da práctica e esta práctica ten a particularidade de que para que se dea ten que pasar polo encontro co público. E claro pasa polo público todas as veces que dirixes e o público acompaña a túa aprendizaxe, vai contigo no avión mentres pilotas, voades xuntas. E aí está o tema, ata as túas escenificacións máis frouxas pasan polo público que analiza e comenta se foi ben a viaxe.
Como raza somos do peor, á vista está, o peor para os nosos iguais e o peor para o que nos arrodea. Non respectamos os tempos da aprendizaxe, só queremos resultados, éxitos e así nos vai como sociedade, acugulada de pílulas, a pílula para durmir, para espelirse, para centrarse, para relaxarse… en fin Pilarín que só queremos o resultado! No ámbito teatral tamén se reflicte, cada vez menos tempo para ensaiar, menos tempo de residencia e sempre unido a unha mostra de proceso con público, menos funcións, etc.
E no ámbito da educación teatral tamén o percibo nos plans de estudo, que non recollen tempo abondo de práctica nin para explorar ideas e moito menos tempo de fracaso. Porque penso que o normal nunha escola é fracasar e fracasar moito porque para aprender temos que errar e na nosa profesión para sobrevivir aos fracasos sen culparnos o mellor é xogalos con deportividade.
Realmente esa necesidade desesperada pelo resultado exitoso atrapalla momentos maravillosos de experimentar e descubrir novos camiños atraves do “erro” , tanto no teatro como na vida mesma
gracias Irene ,muito interesante a sua reflexión.
Grazas Pablo polo comentario. Penso que é un reto como cidadáns decrecer e en facérnolo ver están as artistas tamén. Saúdo!