in

Entrevista a Anne Plantagenet, escritora e tradutora francesa, sobre María Casares

A actriz Berta Ojea e a escritora Anne Plantagenet.
A actriz Berta Ojea e a escritora Anne Plantagenet.

Vin por primeira vez a María Casares en La vie que je t’ai donnée de Luigi Pirandello, no Théâtre Hébertot en 1989, foi o máis impactante que tiña visto sobre un escenario e sempre vivín esa experiencia única, grandiosa e nova á vez, en todas as interpretacións nas que puiden volver vela, ata a súa última función.

Esa mesma noite coñecín a María Casares no seu camerino do Teatro Hébertot e, a partir de aí, tiven o enorme regalo da vida de compartir con ela moitas horas, paseos, longas conversacións acompañadas das súas famosas gargalladas e do seu marabilloso acento galego en castelán, que nunca a abandonou.

Na celebración do centenario do seu nacemento en 2022 na Coruña, dirixín o ciclo de conferencias: “María Casares, do exilio ao escenario” no Museo de Belas Artes da Coruña a poucos metros da casa natal de María Casares.

María sempre estaba rodeada de amigos e a súa casa en París estaba chea de xente, por oso sabía que tiñan que estar na Coruña as persoas que a coñeceran, que traballaran con ela, os seus amigos, como Jorge Lavelli, Josep Maria Flotats, Tina Sainz, Lluís  Pasqual, entre outros, era a mellor forma de devolver á súa cidade natal a memoria viva de María, porque falaban dela en primeira persoa e a ela teríalle divertido tanto.

Foi neste tempo de preparación cando descubrín a biografía de Anne Plantagenet sobre María: L’Unique  Maria Casarés, publicada en Francia en 2021 e traducida ao castelán ese mesmo ano. Lin, creo, case todo o que se publicou sobre ela, pero nesta biografía encontrei á María que coñecín , o seu ritmo, o seu alento e a súa enerxía. Sabiamos que publicar en galego A ÚNICA, MARIA CASARÉS era o conxuro perfecto para que fixese a viaxe de volta do francés á súa lingua nova, aprendida e adoptada a súa lingua materna e facer así que as súas gargalladas e a súa voz voen libres na forza dos nosos ventos.

 Que sabías de María Casares antes de imaxinarte escribindo a súa biografía?

Moi poucas cousas! Sabía que era unha actriz de orixe español (recordaba a súa cara, os seus ollos, o seu pelo: víraa en Os nenos do paraíso), y sabía que fora próxima de Albert Camus.

Que foi o que se detonou dentro de ti para que decidiras adentrarte na vida de María Casares. Hai que ser moi valente e ter moita coraxe como a tiña María, para facelo desde París, a intelectualidade artística francesa vaite ler e xulgar. 

O factor disparador foi a lectura da correspondencia con Albert Camus que me impresionou moitísimo e foi un éxito en Francia. Logo la lectura da súa autobiografía, Residente privilexiada.

Neses dous enormes libros encontrei moitos detalles moi concretos e tiven a impresión de sentir a presenza de María moi cerca.

Vin tamén todas as súas películas, consultei os arquivos na Biblioteca Nacional, e aloxeime na súa casa en Charente.

Eu sei que investigaches moito, escudriñaches a súa vida, a súa carreira e a muller que foi, ela respira no teu libro. Amósanos como foi ese desenvolvemento do principio creativo de teu camiño cara a María. 

A cuestión da identidade está moi presente en todos os meus libros. Tamén o tema do exilio (sou filla, neta e bisneta de exiliados). E pareceume precisamente que foi o corazón, o fío condutor da súa vida (e do meu libro). Como te volves Maria Casarès, actriz tráxica francesa, cando naciches María Victoria Casares Pérez e non falaba nin unha palabra de francés a súa chegada a Francia aos 14 anos. Pareceume fascinante.

Haberá moitas máis cousas que sabes dela, que elixiches que quizás non eran necesarias contar 

Claro. Durante as miñas investigacións descubrín moitas cousas sobre ela, pero escribir é elixir, para o ritmo e a construción do texto. O ritmo pareceume moi importante para transmitir a enerxía de María.

Tamén hai cousas que decidín non poñer no meu libro por outros motivos persoais. É un libro totalmente subxectivo! Asúmoo tal cal.


Publicidade

Tiveches unha grande afouteza e unha grande liberdade para contar a muller que era, amósachenos coa precisión dun bisturí a alma e as entrañas de María, que son as que sosteñen á grande Casarés. Como lograches estar tan dentro dela? 

Xa o dixen, na correspondencia con Camus e en Residente privilexiada. Ela di cousas moi íntimas, nas cartas a Camus, sobre todo, desvélase. O seu carácter, a súa personalidade desdebúxase moito na súa escritura, na narración do seu cotián da muller e da actriz.

Creo que ela é unha referente para as mulleres pola súa maneira de vivir e todo o que achega á historia da cultura e do teatro. Que opinas? 

Claro! É unha muller libre. Para min é unha grande figura feminina do século XX. Tiña a vontade e a culpabilidade da supervivente. Por iso non quería mirar cara atrás e prefería seguir sempre adiante, actuar, actuar, actuar, todo o tempo. Tiña un valor incrible. É un exemplo para todas nós.

Hai algo que se modificou en ti despois de coñecer Galicia e presentar aquí na súa terra A ÚNICA, MARIA CASARÉS 

Desde logo. Ela nunca quixo volver a Galicia, por medo (de ficar decepcionada, de ver a súa casa saqueada), por orgullo e por lealdade á memoria do seu pai, da súa familia. O exilio é unha viaxe sen retorno. E paréceme un elemento clave na súa vocación. Cando cruzou a fronteira decidiu cambiar de vida, de identidade, de papel… E empezou a actuar. Pero nunca esqueceu a súa terra natal, as súas raíces, toda a súa vida, esa identidade galega permaneceu moi forte nela, anque (o porque) era exiliada e falaba outro idioma.

Galicia foi un elemento fixo nunha vida moi en movemento.

E para min foi moi emocionante coñecer Galicia, A Coruña sobre todo. (De coñecer tamén a outras mulleres excepcionais que fan un traballo incrible.

Tiven a impresión de entendela mellor, de entender o seu idioma íntimo, a música na súa maneira de falar incluso en francés.

E agora que o libro está traducido ao galego (grazas ás boas meigas), moito máis! É unha forma de reconciliación. Agora eu estou namorada de Galicia.

Anne Plantagenet

Novelista e tradutora ao francés de Irene Vallejo, Dolores Redondo, David Trueba, Almudena Grandes o Juan Tallón. En 2021 publicou en Francia a biografía L’Unique, Maria Casarés, que foi traducida ao castelán e ao grego.

No mes de novembro de 2022, con motivo do Centenario do nacemento da actriz na Coruña, publicouse a biografía en galego A única, Maria Casarés, Ed. Kalandraka e Que Arte, traducido por Isabel Soto.

En 2023 publica Tres días en Orán coa Editorial Siruela.

Berta Ojea

Berta Ojea

Berta Ojea desenvolveu unha longa carreira en cine, series de ficción e teatro.
Traballou en producións estatais e internacionais con directores como Enrique Otero, Guillermo del Toro, Jorge Coira, Javier Fesser, Philippe Le Guay, Benito Zambrano, Alex De la Iglesia, Miguel Bardem, Carlos Alberti Riccelli, etc. En series de ficción como 'Rapa', 'La Reina del Sur', 'La Verdad', 'La Señora', 'La que se avecina', entre outras. No teatro fixo 'Amor de Don Perlimplin con Belisa en su jardín', 'Antígona', 'Un Espíritu Burlón', 'Las Chicas del Calendario', 'Fugadas', 'El manual de la buena esposa', 'La discreta Enamorada', 'Hipólito', etc.
A súa formación máis relevante foi con John Strasberg, Juan Carlos Corazza e Peter Brook.
Entre outros premios recibidos, destaca o máis recente: Premio Mestre Mateo 2023 á Mellor Actriz de Reparto por 'Rapa'.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Bantu' de Victor Hugo Pontes

Começa o XIII GUIdance 2024 de Guimarães de 1 a 10 de fevereiro

teatropano |

A Agadic abriu unha nova convocatoria das axudas á creación escénica