in ,

Os Microefectos Dramatúrxicos celebran unha nova edición

O Club Clavicémbalo de Lugo acolle esta fin de semana catro novas pezas

Microefectos dramatúrxicos
Microefectos dramatúrxicos

Logo de tres meses dende a última sesión, esta fin de semana os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo, en Lugo. Esta nova edición do programa, que o ano pasado cumpriu xa a súa primeira década de vida, arrancou onte, xoves, e desenvolverase tamén hoxe, venres, e mañá, sábado, en pases ás 20:30 e 22:30. Represéntanse, coma sempre, catro pezas novas. As entradas pódense mercar dixitalmente e tamén hai entradas dispoñíbeis no despacho de billetes, en cada un dos pases.
O grupo, que cumprirá once anos de existencia o próximo mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns quince minutos de duración “nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual”, que cada tres meses practicamente completan a cabida do local.

As pezas desta edición

  • Pro(toco)lapso: Escribe e dirixe: Raquel López Cendán. Interpretan: Elvira Velasco, Anxo Manoel e Raquel López Cendán.
  • Supermirafiori: Escribe e dirixe: Anxo Manoel. Interpretan: Isa Herrero, María Grandío e Anxo Manoel.
  • Clave liviá alivia o labirinto: Escribe e dirixe: María Grandío. Interpretan: María Grandío, Brian Rodríguez, Brais García e Isa Herrero.
  • Señorío cutrerío: Escribe e dirixe: Brian Rodríguez. Interpretan: Elvira Velasco, Anxo Manoel, Brais García e Brian Rodríguez.
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A Oficina. GUIdance 2024. Gaya de Medeiros 'Atlas da Boca'

Atlas da boca

'CEIBE' de Fran Sieira Compañía de Danza. Foto: Aigi Boga.

Fran Sieira Compañía de Danza estrea ‘CEIBE’ en Cangas do Morrazo