Logo de tres meses dende a última sesión, esta fin de semana os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo, en Lugo. Esta nova edición do programa, que o ano pasado cumpriu xa a súa primeira década de vida, arrancou onte, xoves, e desenvolverase tamén hoxe, venres, e mañá, sábado, en pases ás 20:30 e 22:30. Represéntanse, coma sempre, catro pezas novas. As entradas pódense mercar dixitalmente e tamén hai entradas dispoñíbeis no despacho de billetes, en cada un dos pases.
O grupo, que cumprirá once anos de existencia o próximo mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns quince minutos de duración “nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual”, que cada tres meses practicamente completan a cabida do local.
As pezas desta edición
- Pro(toco)lapso: Escribe e dirixe: Raquel López Cendán. Interpretan: Elvira Velasco, Anxo Manoel e Raquel López Cendán.
- Supermirafiori: Escribe e dirixe: Anxo Manoel. Interpretan: Isa Herrero, María Grandío e Anxo Manoel.
- Clave liviá alivia o labirinto: Escribe e dirixe: María Grandío. Interpretan: María Grandío, Brian Rodríguez, Brais García e Isa Herrero.
- Señorío cutrerío: Escribe e dirixe: Brian Rodríguez. Interpretan: Elvira Velasco, Anxo Manoel, Brais García e Brian Rodríguez.
- O festival de danza e artes do movemento Abanea celebra a súa quinta edición - 09/07/2026
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026



