in

A Agadic convoca a terceira edición da bolsa de dramaturxia do CDG

O prazo está aberto ata o día 27 de xuño

Relato para un incendio por aAntena
Montaxe de 'Relato para un incendio'.
A Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, vén de abrir a terceira edición da súa bolsa de dramaturxia, “para a selección dun proxecto de escrita dramática a partir do que poñer en marcha unha nova coprodución do Centro Dramático Galego”. A dotación será de 6000 euros e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 13 ao 27 de xuño deste ano.

Esta nova convocatoria desta iniciativa que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude desenvolve en colaboración con diferentes colectivos culturais foi publicada hoxe na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais e forma parte da liña de apoio á dramaturxia galega actual que a unidade teatral pública leva a cabo a través de producións propias e do programa de coproducións.

Poden optar a esta bolsas as persoas dedicadas profesionalmente á escrita no ámbito das artes escénicas, sempre que desenvolvan a súa actividade maioritariamente en Galicia. Ademais, hai unha dotación de 6000 euros para a contratación da escrita da dramaturxia a partir da proposta seleccionada e o período para a súa realización é de seis meses.

O prazo de solicitude estará aberto desde mañá ata o vindeiro 27 de xuño e os proxectos deberán achegarse a través da sede electrónica da Xunta, incluíndo unha sinopse, a traxectoria da persoa ou persoas que participan na escrita e unha carta de motivación.


Publicidade

Unha comisión independente, “integrada por representantes da Asociación de Dramaturxia de Galicia (DramaturGA) e do resto de colectivos colaboradores”, será a encargada de seleccionar o proxecto gañador, tendo en conta “a calidade, a oportunidade artística e a orixinalidade da proposta, así como a actualizade e interese da súa temática, a traxectoria artística e literaria da persoa que asina a proposta ou aspectos que teñen que ver coa duración e número de intérpretes do espectáculo resultante”.

Edicións anteriores

Os proxectos gañadores das anteriores convocatorias foron Relato para un incendio, de Ernesto Is, que foi levado a escena xunto á compañía aAntena, e Bailar no ceo, de Ana Abad de Larriva, que deu lugar á coprodución con Xerpo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ana. F. Melero. Foto: Pablo Vargas.

SóLODOS EN DANZA en Ourense, Amiadoso e Xunqueira de Espadanedo

Presentación Festival Atlantica 2024

O XII Festival Atlántica celebrarase do 1 ao 7 de xullo