O CDG vén de abrir a inscrición para participar nas visitas dramatizadas de celebración do 25º aniversario da recuperación e reapertura do Salón Teatro. Nelas, da man da compañía Galeatro, o público poderá somerxerse na historia deste edificio, que pasou a ser teatro público e sede do Centro Dramático Galego en 1999. Trátase dunha nova oportunidade para afondar nos segredos do edificio e do teatro, despois da boa acollida que tiveron as que o CDG e Galeatro ofreceran en marzo polo Día Mundial do Teatro.
Estas visitas propoñen un percorrido polos diferentes espazos do Salón Teatro, moitos deles reservados aos artistas e equipos técnicos; ao tempo que inclúen anécdotas e curiosidades destes 25 anos de historia en común.
Datas e horarios dispoñibles en outubro
- Domingo 6: ás 11:00, 12:00, 13:00 e 14:00
- Luns 7: ás 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 h
- Martes 8: ás 11:00, 12:00, 16:00 e 17:00 h
- Domingo 13: ás 11:00, 12:00, 13:00 e 14:00 h
- Luns 14: ás 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 h
- Martes 15: ás 19:30, 20:15, 21:00 e 21:45 h
- Domingo 20: ás 11:00, 12:00, 13:00 e 14:00 h
- Luns 21: ás 19:30, 20:15, 21:00 e 21:45 h
- Martes 22: ás 19:30, 20:15, 21:00 e 21:45 h
Reservas
A reserva de prazas pódese facer de xeito telefónico chamando ao número 881 867 229, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.