in , ,

Síntese Vigo celebra unha nova edición

O MARCO acolle esta tarde unha actuación de Chevi Muraday

Chevi Muraday foto de Luisa Valares
Chevi Muraday. Foto de Luisa Valares.

O festival de danza e performance independente Síntese Vigo está a celebrar unha nova edición en espazos singulares da cidade. Dende o pasado xoves, 2 de outubro, o evento estivo a acoller propostas de Acacia Ojea, Cris Balboa, Marta Blanco e Larumbe Danza. O bailarín e coreógrafo Chevi Muraday pechará esta tarde a programación, ás 19.00 horas, no museo MARCO, amosando o seu último solo de danza, titulado Lo que queda, unha reflexión sobre os seus últimos 30 anos de carreira.

Síntese Vigo completou o seu programa con actividades expandidas como un encontro profesional entre Portugal e Vigo, coa presentación de proxectos como Carreiros para futuros ancestrais, de Paredes de Coura ou Linha de Fuga, de Coímbra; ou formación profesional e de públicos, cun taller para profesionais e estudantes na ESAD, impartido por Chevy Muraday, e un obradoiro para público familiar impartido por Larumbe Danza en Espazo Évame Oroza e Teatro Permanente.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Actuación de Raquel Ferradás na presentación da quinta edición do festival 6coreógrafas

A Estrada acolle a quinta edición do festival 6coreógrafas

Alicia López

O Teatro Gorrilla inicia unha nova temporada