O festival de danza e performance independente Síntese Vigo está a celebrar unha nova edición en espazos singulares da cidade. Dende o pasado xoves, 2 de outubro, o evento estivo a acoller propostas de Acacia Ojea, Cris Balboa, Marta Blanco e Larumbe Danza. O bailarín e coreógrafo Chevi Muraday pechará esta tarde a programación, ás 19.00 horas, no museo MARCO, amosando o seu último solo de danza, titulado Lo que queda, unha reflexión sobre os seus últimos 30 anos de carreira.
Síntese Vigo completou o seu programa con actividades expandidas como un encontro profesional entre Portugal e Vigo, coa presentación de proxectos como Carreiros para futuros ancestrais, de Paredes de Coura ou Linha de Fuga, de Coímbra; ou formación profesional e de públicos, cun taller para profesionais e estudantes na ESAD, impartido por Chevy Muraday, e un obradoiro para público familiar impartido por Larumbe Danza en Espazo Évame Oroza e Teatro Permanente.
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026



