in ,

Mofa e Befa estrean ‘Os dous de sempre’

Hoxe, no Auditorio Municipal de Rianxo

Os dous de sempre Mofa e Befa
Presentación da montaxe d'Os dous de sempre, de Mofa e Befa, na Cidade da Cultura de Galicia. Foto de Rocío Cibes. Fonte: Agadic.

O Auditorio Municipal de Rianxo acollerá hoxe, venres 17 de outubro, ás 21:00 horas, a estrea d’Os dous de sempre, a posta en escena feita por Mofa e Befa a partir da novela homónima de Castelao. A entrada será de balde ata completar a capacidade do espazo, previa recollida de convites no mesmo auditorio hoxe a partir das 20:00 horas.

O elenco da montaxe está conformado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, con Josito Porto como estrela convidada, nunha montaxe dirixida por Quico Cadaval e con dramaturxia de Carme Varela. Baltasar Patiño encargouse do espazo escénico e lumínico e do deseño gráfico, Carlos Alonso do vestiario e Bernardo Martínez da música. O proxecto, de Producións Teatrais Excéntricas, contou cunha axuda á creación da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e desenvolveu unha residencia artística na Cidade da Cultura de Galicia.

A xira

Mañá, sábado 18, comezará a xira do espectáculo cunha función nos XXXVIII Circuítos Teatrais Celso Parada do Concello de Moaña. A representación será no IES As Barxas, a partir das 21:00 horas, e as entradas están á venda na web do Concello. Despois están xa confirmadas as datas que levarán a peza a Arteixo (24 de outubro), a Ourense (no marco do FITO, o 25 de outubro), Sada (26 de outubro), Bertamiráns (31 de outubro), Vigo (na Sala Ártika, o 1 e 2 de novembro, en funcións xerais; e o 4 e 5 de novembro, en funcións para centros de ensino), Narón (29 de novembro), Padrón (6 de decembro) e Lugo (11 de decembro).

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Presentación FITo reducida 2

O FITO cumpre 18 anos

Elena Santiago e Afonso Becerra co libro da erregueté de 'O silencio'.

Os personaxes e ‘O silencio’ de Elena Santiago