Laura Pousada
Tradutora, intérprete e profesora. Estudei linguas estranxeiras para comunicarme e ensinar a comunicarse e por esa razón o teatro e a escritura sempre foron dúas constantes na miña vida. A transmisión dende a verdade, dende a catarse e a esencia de ser. Dende o papel e o escenario, que están moi unidos ás aulas. Porque actuar e escribir non son só unha sucesión de palabras bonitas, deben ser dende a emoción. Coma a vida. Traduzo, interpreto, ensino, actúo e escribo para dar voz ao silencio. Entre outras moitas cousas.