Revista Galega de Teatro

Cambia ao modo escuro, máis amable cos teus ollos na noite.

Cambia ao modo claro, máis amable cos teus ollos durante o día.

Revista Galega de Teatro

FTMC – Boletín Informativo nº 25

Xullo-Agosto-Setembro 2022

Neste boletín, convidámosvos a un gratificante baño de verán. Mergullándose, atoparedes un torneo de dramaturxia, a memoria histórica e persoal dunha actriz, unha trama chea de terror e surrealismo, o drama dunha muller emigrante africana e algunhas outras historia que poderedes descubrir nese mergullo. Glupp!

V Torneo de Dramaturxia de Galicia

de Carlos Santiago, Anxo Manoel, Fátima Delgado e Lorena Conde.

Editan: MITCFC, DramaturGA, Edicións Positivas. Diteatro-15.

O pendulo libro de Marta Pérez e Ernesto Is

O péndulo

Unha peza sobre a memoria histórica e familiar
de Marta Pérez e Ernesto Is

Edicións Positivas. Diteatro-17.

O Torneo de Dramaturxia de Galicia consolídase-como se comprobou nesta MITCFC de 2022- como unha aposta firme da Mostra para dar a coñecer a nosa dramaturxia, creando un nexo directo entre as autoras e os autores co público.

Este proxecto, pioneiro en Galicia, conta coa imprescindible colaboración de DramaturGa, a primeira asociación profesional de dramaturxia galega.

Unha mestra de cerimonias única, Esther F. Carrodeguas, presenta este furioso combate no que catro recoñecidas dramaturgas e dramaturgos de Galicia se baten na procura do voto do público. As armas a usar? Retruques da palabra, ideas, ritmos, conflitos, sorpresas, accións, silencios.

O público asiste a lecturas dramatizadas interpretadas por actores e actrices profesionais, sendo o propio público quen valora os textos para que, de entre as pezas participantes, resulte unha a gañadora. Un espectáculo teatral, divertido e único avivado pola participación activa das persoas asistentes.

O texto gañador deste V Torneo foi Utopía de Anxo Manoel.

Oxalá estas páxinas sexan un impulso para que todos, ou cando menos algúns deles, poidan ter unha nova vida nos escenarios do país.

O péndulo é unha obra de teatro documento que nos amosa como se desenvolveron a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia.

Esta aproximación a nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza. Membro do Partido Socialista, republicano, e presidente da Casa do Pobo da localidade.

Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 preto do Castro de Vigo, xunto aos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Outro veciño da localidade, Benjamín Malvar, apareceu asasinado nunha gabia. Con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza- membro de Esquerda Republicana-, a única muller que exerceu este cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo con Urania Mella.

Esta peza, unha montaxe de Inversa Teatro, foi estreada o 4 de marzo de 2022 no Auditorio Municipal de Vigo coa dirección de Carlos Álvarez-Ossorio e interpretada por Nerea Brey, Marta Pérez e Rosa Puga Davila.

Dentes de coello

IV Premio Laudamuco
de Paula Carballeira

Edicións Positivas.

Sophie non é o meu nome de guerra

Premio Rafael Dieste 2021
de Roberto Pascual

Deputación da Coruña

O Concello de Brión, en colaboración coa asociación Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas, convocou o IV Premio Laudamuco para Textos Teatrais 2022. O galardón, de 7.000 euros, conta ademais coa edición da obra gañadora a cargo de Edicións Positivas.

Nesta última convocatoria, o xurado premiou Dentes de coello de Paula Carballeira subliñando o ambiente da peza na que o soño, a realidade e a violencia xeran unha paisaxe dual na que a realidade e a irrealidade se mesturan creando unha obra de gran carga atmosférica.

Destacan os xogos de sombras e luces, o espazo sonoro, a carga simbólica das personaxes e o desenvolvemento dunha trama chea de terror e surrealismo semellante ás paisaxes audiovisuais do cineasta David Lynch.

Nas súas tres primeiras edicións, o galardón recaeu no lucense Xavier Lama López por “Na miña alma ouvea un lobo” (2019), no coruñés Raúl Dans por “Só un home bo” (2020) e no ribeirense Francisco Antonio Vidal Blanco por “A vinganza de Fortimbrás” (2021).

Paula Carballeira, actriz, dramaturga e directora forma parte da compañía Berrobambán. Ten unha ampla produción literaria en narrativa, poesía e teatro.

As súas últimas publicación teatrais son Doppelgänger ( Ed. Positivas), Somos os monstros (Ed. Xerais), Carabela (Ed. Galaxia) e As alumnas ( Ed. Galaxia).

A de Sophie é unha historia inspirada en feitos reais pero é algo máis cá historia dunha persoa migrante. A viaxe de Sophie é unha viaxe polo desexo, pola dignidade, pola consciencia da riqueza das culturas populares de África, polo documento teatralizado da violación e da trata de mulleres, das políticas migratorias burocratizadas de Europa e polas relacións familiares cosidas por silencios, medos e angueiras dunha vida plena e sincera. Sophie é unha muller que ama e quere ser amada, divertida e vital, ambigua e perigosa.

No prólogo á edición, Cristina Domínguez Dapena, declara que a peza ten unha clara vocación contemporánea, de teatro documento onde o autor convida a utilizar recursos escénicos e audiovisuais para amosar a complexidade do tema, e onde se observan referentes do teatro occidental contemporáneo.

Adiviñamos moitas horas vendo teatro, viaxando para ver teatro, compartindo discusións sobre teatro, compartindo amor polo teatro, e finalmente atrevéndose, outra vez, coa creación; esta vez desde a escrita contemporánea pero enraizada no seu porto de atraque, Galicia, desde onde o noso autor predica con seu amor polo teatro todos os días.

Roberto Pascual (O Carballiño,1981) na actualidade traballa na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e dirixe a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Colabora como especialista de Artes Escénicas no programa Diario Cultural da Radio Galega e forma parte do Consello de Redacción da erregueté, Revista Galega de Teatro. É autor do libro Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro ( Xerais, 2013) e de diversos ensaios sobre artes escénicas en volumes e revistas publicados en Francia, Portugal, España, Estados Unidos, etc.

O día no que bicar a terra

Premio Abrente de Textos Teatrais 2018
de Avelina Pérez

MIT de Ribadavia. Ed.Difusora de Letras, Artes e Ideas.

Cadernos platta 4

Voces en el limbo e Descociñando

de José Domínguez-Bueno e Carlos Labraña

Cadernos Platta, nº 4. Edición trilingüe.

Velaquí un texto representativo do universo escénico de Avelina Pérez no que están presentes a rebelión, a desobediencia, a resistencia, a consciencia, o humor, a ironía, o descaro, a honestidade…

Para Raquel Hernández, co-directora artística do Teatro Ensalle de Vigo, Avelina Pérez é unha das autoras da escena contemporánea imprescindibles,unha compañeira de viaxe, un ser humano que abandeira as súas contrradicións como parte do seu proceso evolutivo, vital e profesional. Comprometida co social, o político e humano, a través do seu humor brutal colócanos fronte a un espello para que nos devolva a imaxe real e transformada do que somos.

Atreverse a mirar non é sinxelo, pero si necesario.

Avelina Pérez (Oia, 1969) é titulada en dirección escénica e dramaturxia pola ESAD de Galicia. Autora de Deixa de tocala, Sam; Os cans non comprenden a Kandinsky (Ed. RGT 91); A que non podes dicir cocacola?, Gañaremos o pan coa suor da túa fronte; Vaguedás; Silencio (RGT 85).

En 2018 gañou o Premio Alvaro Cunqueiro coa peza Ás oito da tarde cando morren as nais.

Os Cadernos Platta nacen directamente ligados ao Premio Platta de Teatro Breve impulsado desde 2019 pola Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador que conforman a erregueté/Revista Galega de Teatro, a Federación Galega de Teatro Afeccionado, a Federación de Grupos Aficionados de Castilla y León e o Teatro do Noroeste-Centro dramático de Viana do Castelo/ TEIA Teatro em Iniciativa Associativa.

Unha das actividades máis relevantes dos tres festivais transfronteirizos que se celebran cada ano en Galicia, Castela e Portugal é a realización de tres lecturas dramatizadas dun mesmo texto en castelán, galego e portugués interpretadas por actores e actrices alleos a esas linguas: as castelás por portugueses, as galegas por casteláns e as portuguesas por galegos.

O Premio Platta de Teatro Breve é, cando menos, un premio extraordinario. Non outorga ningún premio en metálico para a gañadora ou gañador, non contempla a posibilidade de accésit nin pode declararse deserto. Pero poucos son os premios de teatro breve en que as autoras e autores reciban tal recoñecemento: a publicación do seu texto nas tres linguas e a súa estrea, en lectura dramatizada, nas tres linguas. Todo un honor!

Pepe Domínguez-Bueno natural do Irixo, emigrou de neno a Caracas, Venezuela, onde desenvolveu un intensísimo traballo artístico como director, actor, dramaturgo, produtor e promotor de diferentes iniciativas teatrais.

Como dramaturgo escribiu, entre outras, unha peza infantil: Las aventuras del Rey Mono e Plenilunio en la Casa del Dolor.

Actualmente reside no Carballiño, onde colabora co grupo Tituleque.

Carlos Labraña, nado en Cedeira en 1969 é dramaturgo galego especializado no teatro para a infancia. Neste eido acadou diferentes premios como o Xeración Nós, o Estornela, o Manuel María ou O Facho. A partir de 2010 a súa escrita vira a temáticas máis comprometidas socialmente. Desta época podemos salientar A Pequena Compaña, sobre os abusos cometidos á infancia e O Valo, que trata o drama dos refuxiados.

Recentemente, o seu teatro medra en idade e vólvese máis contemporáneo en títulos como Claustrofobia (Teatro do Porvir 2019) ou Descociñando (Premio Platta).

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.