Revista Galega de Teatro

Cambia ao modo escuro, máis amable cos teus ollos na noite.

Cambia ao modo claro, máis amable cos teus ollos durante o día.

Revista Galega de Teatro

Publicidade

Publicidade

FTMC – Boletín informativo # 11

Residente privilexiada - María Casares

Residente privilexiada

de María Casares

Tradución de Ana Belén Martínez Delgado. Edit. Trifolium

Despois das ondas de Ernesto Is

Despois das ondas

de Ernesto Is

Deputación da Coruña, 2018.

Desde o momento en que María Casares tivo que fuxir de España en 1936 por mor da sublevación franquista, andou  na procura da súa identidade extraviada, seguindo os camiños da memoria.  Nesta singular viaxe vai revivindo a súa nenez en Galicia, a guerra civil e o exilio, a aprendizaxe dunha nova patria e dunha nova lingua, a súa estadía no Conservatorio de París, os seus primeiros éxitos no teatro e no cine, os encontros e amizades con actores como Gerard Philippe, Jean Louis Barrault e Jean Vilar, escritores como Claudel e Genet e, sobre todos eles, o inesquecíbel Albert Camus, con quen viviu longos anos de íntima relación.

A actriz, convertida en espectadora de si mesma e do mundo, pon en escena neste texto unha multitude de personaxes que expresan os ruídos e a ironía, o ardor e a violencia dunha época na que todos podemos recoñecernos.

Son unhas memorias e “unha magnífica obra literaria”, en palabras de Alejo Carpentier.

Despois da guerra, do exilio, do éxito, da soidade, do amor, despois de corenta anos María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira  teatral. E regresa nun tren de pasaxeiros.
A peza está construída a partir da súa biografía, mais moitos dos feitos relatados aconteceron e outros non. Moitas das palabras que se din foron ditas e outras non. É unha ficción teatral contada en múltiples espazos e tempos. Coma a vida mesma.

En opinión de Inma López Silva, escritora e crítica teatral que prologa o texto, Ernesto Is escribe “de xeito arriscado, como corresponde a todos aqueles que están chamados a construír o futuro dun teatro coma o galego”.

A obra, que obtivo o XVIII Premio Rafael Dieste de textos teatrais da Deputación da Coruña na convocatoria de 2017, foi estreada pola compañía ButacaZero no Teatro Colón o 3 de maio de 2019 e aínda está en cartel (crítica do espectáculo).

Ernesto Is (Xixón, 1988) é titulado en Dramaturxia pola ESAD de Galicia. A súa escrita recolle elementos do cinema, a narración oral e a poesía. Premio Abrente 2016 (ex aequo) con Fendas; foi seleccionado dentro do VI Programa de Dramaturgias Actuales do INAEM coa súa peza El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas (ed. online en Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos) e, recentemente, no programa Nuevas Dramaturgias de Euskadi co proxecto Canciones amarillas para flores tristes.

Coa compañía Feira do Leste ten estreados, baixo a dirección de César No, os espectáculos Exilio das moscas  (2016) e Tras Tannhäuser (2017), está último seleccionado no Programa de Creación Joven 2017 do INJUVE.

Cartas no Exilio de Santiago Casares Quiroga

Cartas no exilio

Correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares (1946-1949)
de María Lopo

Bahía Edicións 2008

Tres mulleres do seu tempo

Tres mulleres do seu tempo

de Heidi Kühn-Bode

BaíaEdicións, 2009

Cartas no exilio é una interesante correspondencia entre María Casares e o seu pai, Santiago Casares Quiroga, a finais dos anos 40 do século XX, pouco despois da morte da súa nai e cadrando con estadías fóra de París por causas de traballo.

Esta correspondencia de gran valor persoal e humano sería anos despois unha fonte de importante información para a elaboración do libro de memorias da actriz. As cartas son tamén unha axuda para a recuperación de parte da nosa memoria colectiva, pois achégannos aos problemas cotiáns dos exiliados (exiliados de bo nivel social e cultural, neste caso); mais, por outra banda, fálannos do éxito profesional e artístico dunha muller galega que chegou a ser actriz referente do cinema e do teatro francés.

Desde o punto de vista artístico, amosan a realidade diaria de María Casares como actriz, as relacións que se establecen a nivel laboral e persoal, as dificultades, as satisfaccións e as repercusións do seu traballo na crítica da época.

Aínda que a comunicación que establecen entre pai e filla sexa en francés e castelán, podemos atopar entre as súas palabras referencias ao galego, tales como “folgos”“vidiña”“morriñenta”

Este é un libro recomendado para secundaria e permite traballar aspectos relacionados coa cultura de mediados de século, a historia, a arte, a literatura, o feminismo e a presenza galega no exterior.

Heidi Kühn-Bode adoptou o galego como lingua de creación e a realidade galega como tema para a súa obra. Faleceu en pleno confinamento e deixou publicadas diferentes pezas de teatro infantil, tres delas neste libro. De nacionalidade alemá e residente en A Coruña desde finais dos anos 60, tamén escribiu na súa lingua, en inglés e en castelán.

Tres mulleres do seu tempo ten como protagonistas a tres mulleres galegas de diferentes épocas (a primeira imaxinaria e as outras dúas reais): Brigantia, a pintora de San Roque, do século XVIII. Xoana de Vega, escritora e intelectual do século XIX. María Casares, actriz do século XX.

Se ben as pezas son totalmente ficción e nelas se mestura con naturalidade o real e o fantástico, previo ás mesmas hai una pequena introdución  que nos da a coñecer aspectos relevantes das súas biografías e do contexto social e histórico no que viviron as protagonistas. Son tres pezas curtas, cheas de fantasía e cunha linguaxe sinxela, amena e con moito humor. Cabe destacar a presenza abondosa de personaxes femininas, así como a súa relevancia.

Na área de lingua pódese aproveitar a segunda peza para traballar os textos epistolares, posto que Xoana de Vega mantén correspondencia coas nenas Isabel e Luisa Fernanda e a terceira obra para traballar a poesía a través dos poemas de Rosalía e Lorca que a pequena María Casares recita. Totalmente recomendábeis  para seren lidas e representadas en primaria.

Fazer a festa

Novos Cadernos Fazer a Festa nº 3

de Teatro Art´Imagem.

Ediçâo 38. 2019.

A compañía Teatro Art´Imagem de Porto vén organizando, desde hai nada máis nin nada menos que trinta e nove anos, o Festival Internacional de Teatro para a Infância e Juventude nomeado Fazer a Festa. Neste Fazer a Festa, ademais da programación de espectáculos, sempre hai un tempo e un espazo para o encontro e o debate sobre a problemática do teatro dirixido á infancia e a mocidade. Mais foi na oitava edición de 1989, cando se editou o nº 1 dos Cadernos Fazer a Festa, recollendo en letra impresa algúns dos debates e opinións acaecidos durante ese festival. No ano seguinte sería publicado o nº 2.

Despois dun grande interregno, a publicación reaparecería en 2019 co nome de Novos Cadernos Fazer a Festa. No primeiro número, relativo ao festival de 2016, constan os seguintes textos: “O debate: Que fazer com o Fazer a Festa , 35 anos depois?”“Apresentaçao de Festivais Internacionais de teatro” e unha “Tertulia sobre Mário Viegas”.

No segundo número, relativo ao festival de 2018, aparecen os textos dos debates: “Á procura do Teatro para a Infância e Juventude” e “Último Ato-Reflexào crítica sobre a programaçâo e os espetáculos apresentados”.

E o terceiro Novo Caderno Fazer a Festa, cuxa portada reproducimos aquí  e que corresponde a edición de 2019, inclúe no seu sumario o debate titulado “O lugar da Palabra no teatro para jovens públicos”, “Último Ato-Reflexâo crítica sobre a programaçâo e os espectáculos apresentados”, “Texto de Homenagem a José Caldas”.

A organización e corrección dos textos é de Micaela Barbosa e a dirección artística de José Leitâo.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.