O editorial deste número de verán leva por título,como non podía ser doutro xeito, Después de la pandemia. Nel, entre outras ideas, apostase por unha resposta á crise que debe ser humanista, solidaria, decidida, valente e democrática. Unha resposta na que non se ignore a importancia social e ética da arte. E afirmando, máis en concreto, a necesidade que a arte escénica retorne á rúa para reivindicar á dignidade humana.
Outras colaboracións son as fotografías de Rafa Marco documentando o baleiro e o silencio das rúas no confinamento en contraposición a outras cheas de festa e vida.
O sumario complétase, entre outras colaboracións, cunha entrevista a Rosángeles Valls, fundadora da Compañía de Danza Teatro Ananda Dansa; un artigo de Jordi Bertrán sobre as Cofrades clandestinas na procesión da Confraría La Sangre da Semana Santa de Tarragona; unha reportaxe sobre a moi suxestiva experiencia “¡Vale la pena ser callejeras!”, que agrupa a trece actrices de diferentes compañías de teatro de rúa de Bogotá. Para estas actrices á rúa é o escenario, o motivo e inspiración do seu traballo como mulleres e sempre nunha clave de colaboración recíproca.
Outro artigo a subliñar é o titulado “La memoria llevada a la calle” asinado por Sonia Alejo. Nel comenta a programación do Memorial Democràtic de Vila-Real que se desenvolve nesta cidade desde o ano 2014. Son 6 pezas de teatro documento de rúa e itinerante que se elaboraron cada ano a partir dun tema vertebrador en torno á Memoria Histórica. Este ano debido á crise sanitaria suspendeuse a ruta en abril e terá lugar, se é posible en novembro de 2020. O seu título Maletes de terra, peza teatral itinerante sobre a Memoria Histórica a través da voz e do pel das mulleres de Vila-real.
Nestas Rutas participan tanto artistas e músicos profesionais como diversos colectivos cidadás. A documentación de cada peza ven asesorada por diferentes organismos académicos.