Revista Galega de Teatro

Revista Galega de Teatro

FTMC. Boletín informativo nº 36

Abril-maio-xuño 2025

Se o futuro do teatro está na infancia e a mocidade velaquí ofrecemos dous títulos que axudarán a sementar, sobre todo a mestres e educadores, este porvir. Completa esta oferta a invitación para participar na conversa cun dos máis interesantes autores do século XX e, xa para concluír, un estudo teórico sobre dramaturxia realizado por Juan Antonio Hormigón, un home de teatro que sempre alentou a creación e mantenza do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas.

Conversaciones con Thomas Bernhard

Conversaciones con Thomas Bernhard

de Kurt Hofmann. Tradución de Miguel Sáenz.

Anagrama. Biblioteca de la Memoria.

Portada O jogo dramático infantil

O jogo dramático infantil

de Peter Slade

Summus Editorial. São Paulo, 1978.

Conversaciones con Thomas Bernhard  é un documento extraordinario polo seu contido e moi particularmente por constituír unha das escasísimas excepcións á norma de non conceder entrevistas que tiña o grande escritor austríaco.

Inflexible á hora de salvagardar o seu traballo e a súa maneira de vida do acoso dos medios de comunicación, a partir de certa época Bernhard afastouse definitivamente do ambiente literario e dos seus acontecementos mundanos. Porén, entre 1981 e 1988 accedeu a manter unha serie de conversacións con Kurt Hofmann, redactor do estudio da Radiodifusión Austríaca en Salzburgo, parte das cales posteriormente e co consentimento de Bernhard foron emitidas por radio e publicadas en forma de libro.

A lectura destas conversacións mostra a sinceridade coa que se expresa o escritor e o home. Bernhard reflexiona abertamente sobre si mesmo, os demais, a literatura, o panorama cultural austríaco, os seus países predilectos, a soidade, a enfermidade, a morte…

A través da súa linguaxe directa e obsesiva podemos adentrarnos nos mecanismos secretos que impulsaron unha das obras máis xeniais do noso tempo. A súa palabra revulsiva xorde aquí terrible e turbadora poñendo no banco dos acusados o home, a sociedade, o Estado e a cultura mais ao mesmo tempo transloce un radical amor pola verdade, a vida e os seres humanos que impresionará a máis dunha persoa…

Estas entrevistas non convencionais, nas que o entrevistador está ausente e o entrevistado discorre polo seu propio pensamento coma nunha inquietante word in progress, desvelan a outra faciana do enigmático Thomas Bernhard e ofrecen unha visión lúcida e penetrante da súa odisea personal na procura da independencia como persoa e como artista. Sen dúbida unha das aventuras humanas e literarias máis singulares do século XX.

No FTMC da Biblioteca Pública de Cangas pódense ler tamén os seus textos dramáticos: Ante la jubilación; Minetti; Ritter, Dene, Voss e Heldenplatz.

Neste libro, Peter Slade relata as súas moitas experiencias con nenas, nenos e adolescentes procurando responder ás dúbidas que sente todo educador cando se propón facer un traballo de teatro na educación.

O autor expón regras claras de actuación, mostra como ampliar o xogo, como arrequecelo e como introducir outras linguaxes. Dá ideas, abre perspectivas, amplía as posibilidades e distingue  claramente as propostas en función de cada etapa educativa facendo un paralelismo entre o Xogo Dramático e a Arte Infantil desde preescolar até a adolescencia.

A raíz do xogo dramático é a brincadeira de representar o xogo. Este é, escribe Peter Slade: “a maneira da criança de pensar, comprovar, relaxar, trabalhar, lembrar, ousar, experimentar, criar e absorver”. Así e todo, nos seus primeiros anos os pequechos non senten a diferenza, cadaquén é ao mesmo tempo actor e espectador.

A través de tentativas emocionais e físicas, a crianza descobre a vida e a si mesma. A través do xogo e da súa práctica repetitiva, acaece a interiorización, a concentración e a transformación do individuo.

Este libro, versión abreviada da súa obra maior Child Drama, traducida ao castelán como Expresión Dramática Infantil e editada por Santillana en 1978, resulta ser unha moi boa axuda para repensar o proceso educativo entendido como a preparación da persoa para a vida e non como unha morea de datos. Isto esixe tratar ao alumno como unha persoa “enteira”, coa súa afectividade, as súas percepcións, a súa expresión, os seus sentidos, a súa crítica, a súa creatividade…

Cómpre facer algo para que o alumnado poida ampliar as súas referencias sobre o mundo e traballar, ao mesmo tempo, con todas as linguaxes: a escrita, sonora, dramática, corporal… O derrubamento dos muros da escola fará posible integrar a educación ao espazo vivificante do mundo e axudará a alumna ou o alumno a construír a súa propia visión do mundo.

É fundamental cuestionar a educación. E desde logo o xogo dramático é un bo camiño para facelo!

Portada do libro Juguem fent teatre

Juguem fent teatre

de Josep Torras i Porti

Editorial Pleniluni. Alella, (El Maresme),1987

Trabajo dramatúrgico y puesta en escena

Trabajo dramatúrgico y puesta en escena

de Juan Antonio Hormigón

Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena. Serie: Teoría y práctica del teatro, nº 2. Madrid, 1991.

Juguem fent teatre é un libro fundamentalmente práctico, unha ferramenta útil para un obradoiro de teatro no que se traballe, desde unha perspectiva educativa, a expresión, o xesto, a linguaxe e a conduta.

Responsables de obradoiros de expresión, directoras e directores de grupos de teatro atoparán nesta obra unha inmensa cantidade de recursos e xogos para poñer en marcha, desenvolver e rematar con éxito actividades teatrais con nenas, nenos e adolescentes.

Como complemento valioso poden atoparse tres guións de obras adaptadas a idades diferentes con indicacións precisas de cara á súa posible posta en escena.

O obradoiro de teatro é un medio para ensinar  a expresarse, vencer as dificultades e os medos a falar diante de público, saber comunicarse e vivir diferentes tipos de personaxes. É unha maneira de acadar toda a riqueza expresiva que achega o teatro, que ademais enriquece co coñecemento das persoas, dos pobos e das diferentes sociedades. En definitiva, o obradoiro de teatro axuda a conseguir unha auténtica formación social e humana.

En opinión do autor, “o teatro constitúe un aspecto importante da educación tanto no plano artístico como de aprendizaxe doutras áreas docentes, de formación da personalidade e da expresión corporal e oral”. Por unha banda permite ao educador coñecer mellor as nenas e adolescentes; descubrir os seus valores, canalizalos e potenciar o desenvolvemento da súa intelixencia e actividade. Pola outra, a nena ou a rapaza, mediante a dramatización, a expresión corporal e oral, o teatro de sombras, os monicreques, as máscaras e o xogo dramático en xeral, poderá progresar no coñecemento doutras materias docentes. Así mesmo, satisfará a necesidade de expresión e comunicación dos seus pensamentos e sentimentos, desenvolverá  a súa intelixencia, a súa sensibilidade, e a súa capacidade de crítica e apreciación estética. Aprenderá a coñecerse mellor e a autocriticarse, a enriquecer os seus medios de expresión, a ser espontánea e a non ser pedante.

Este libro levou o 2º Premi Àngel Fàbregues.

Desde o seu nacemento, o teatro contiña implicitamente un conxunto de profesións e prácticas que só no transcurso do tempo foron adquirindo entidade propia. En primeiro lugar, tras o actor, apareceu o director de escena aínda que dun xeito diferente ao que se entendehoxe. Despois foron definíndose unha serie de especialidades técnico- artísticas: escenógrafo, figurinista, iluminador, etc.

O punto de vista dramatúrxico existiu, pois logo, desde sempre, tendo en conta que quen representaba establecía unha opción propia respecto ao texto que lle entregara o autor. Incluso nos casos en que o propio autor escenificaba a súa obra, o tránsito do instante literario ao teatral levaba á adopción dunha serie de decisións nas que se agochaba un criterio dramatúrxico. E todo isto acontecía, aínda que durante séculos a figura do director non quedase reflectida nos documentos.

Trabajo dramatúrgico y puesta en escena aborda nas súas páxinas a orixe e evolución do concepto de dramaturxia e o seu sentido práctico no teatro dos nosos días. As razóns e características que definen o director, a posta en escena no seu sentido contemporáneo e os modos de significación da teatralidade son outros dos contidos analizados nel.

Juan Antonio Hormigón establece neste libro unha proposta sistemática das diferentes etapas do traballo dramatúrxico durante a práctica escénica e inclúe ademais unha serie de estudos de proxección práctica sobre os “clásicos” en acepción común para todos como: Lope de Vega, Calderón, Shakespeare, Goldoni, Larra, Brecht… que permitirán ao lector interesado adentrarse no traballo dramatúrxico imprescindible a toda posta en escena.

Juan Antonio Hormigón (Zaragoza 1943- Madrid 2019) foi dramaturgo, director, pedagogo e tamén tradutor. Cómpre subliñar o seu traballo como investigador, editor, crítico e xestor teatral. Secretario xeral e fundador da Asociación de Directores de Escena de España (ADE), durante moitos anos foi tamén o director da revista editada por esta asociación.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close