in

O humor non ten dúbida, por Camilo Franco

ilmaquinario recollendo premio ao mellor espectc3a1culo 2 |
| Camilo Franco |

 

ilmaquinario recollendo premio ao mellor espectáculo 2

Pasou a romería e volvemos ao lugar de sempre. Os premios María Casares déronlle unha volta ao panorama do pasado ano escénico e reafirmaron algunhas das intencións da edición anterior. Que Chévere é a principal compañía de teatro que ten Galicia, que en nada deixaremos de falar de novas xeracións de teatro para referirnos aos titulados da ESAD, que o humor nunca falla e que case ninguén do mundo do espectáculo considera que unha gala de entrega de premios é tamén un espectáculo. Os María Casares, como todos os premios, volveron confirmar que os premios levan razón aínda que non sexan razonados e que os galardóns non reparten xustiza senón reocoñecemento. Non é de agora.

O humor non ten dúbida. Sexa comedia, ironía, retranca, sarcasmo, parodia. Sexa negro ou rosa, o humor manda nas galas e manda nas obras. Repasado o palmarés, o único premio para As pequenas certezas, de Sarabela, confirma que manda o humor e que ou ben por contradicir ao mundo ou ben porque o mundo é así a resposta máis segura é o humor. O humor que saiu ganando nesta gala está máis cerca do clown que da televisión. Ten esa perspectiva do un contra as circunstancias, do humor que nace dos problemas. Para caso evidente A casa do Avó, de Tanxarina.

Por orde de resultados, Il Maquinario (5 premios)  obtivo uns resultados na gala que non tivo nas programacións do ano pasado. Un resultado que deixa claro que as actrices e os actores prefiren teatro de actor, co seu texto, cos seus personaxes, onde as cousas sexan máis difíciles para eles que para os espectadores. Perplexo ten, ademais, outra lectura. Unha lectura xeracional porque nestes María Casares gañou a ESAD de Galicia, reivindicando e xustificando a súa existencia. A isto hai que sumarlle, os premios para Machi Salgado e Areta Bolado. Dos 14 premios, 7 acabaron en obras con profesionais titulados na ESAD. É unha demostración de que os tempos cambian. Tamén é certo que no futuro non será noticia.

Houbo un tempo en que, non lembro ben, ou os María Casares tiñan algo de alerxia con Chévere ou Chévere tiña algo de alerxia cos María Casares. Ese tempo é anterior. Ou ben os María Casares foron ao rego ou viceversa e quizais un dos problemas da compañía nestes premios foi competir contra si mesma. Porque o éxito da Ultranoite aparta algo a valía de As fillas bravas. Tamén pode ser, como se diría nunha noite electoral, que se atomice o voto.

Nas interpretacións é onde o resultados marcan máis direccións. Elina Luaces en Meu ben, César Goldi na Ultranoite, Machi Salgado en O feo e Areta Bolado en Pan! Pan! ofrecen máis variade sobre as posibilidades e os rexistros interpretativos do país.

E ademais das presenzas, están as ausencias. Porque chama a atención o non resultado de Voadora, A tempestade tivo máis presenza nas programacións do ano pasado que no palmarés dos María Casares. Hai un desequilibrio entre as categorías nas que estivo finalista e o resultado final. Ou un cambio de orientación do voto entre as fases. Mesmo hai un desequilibrio entre os resultados de outras obras de Voadora en edicións anteriores dos premios e a presente. Pero os premios son como o amor: funciona pero ninguén pode dicir que sexa razoable.

Tamén está ben, por non dicir calquera cousa, que o autor máis premiado da gala sexa un dramaturgo contemporáneo: seguro, fiable, alemán. Marius von Mayenburg. É o que ten a realidade: moito sentido do humor.

Perplexo. Il Maquinario. 5 premios. (Espectáculo, Dirección, Tradución/Adpatación, Iluminación, Vestiario)

Ultranoite no país dos ananos. Chévere. 3 premios. (Actor secundario, Texto orixinal, Música orixinal)

Mellor espectáculo: Perplexo de Il maquinario

Mellor espectáculo infantil: A casa do avó de Tanxarina

Mellor dirección: Tito Asorey por Perplexo de IlMaquinario


Publicidade

Mellor actor protagonista: Machi Salgado por O feo de CatroCadeiras

Mellor actriz protagonista: Elina Luaces por Meu ben de Eme2 producións

Mellor actriz secundaria: Areta Bolado por Pan! Pan! de A Panadaría

Mellor actor secundario: César Goldi por Ultranoite no País dos Ananos de Chévere

Mellor texto orixinal: Manuel Cortés por Ultranoite no País dos Ananos de Chévere

Mellor tradución/adaptación: Catuxa Pato e Tito Asorey por Perplexo de IlMaquinario Teatro

Mellor música orixinal: Xacobe Martínez Antelo por Ultranoite no País dos Ananos de Chévere

Mellor iluminación: Tito Asorey e Germán Gundín por Perplexo de Il Maquinario Teatro

Mellor escenografía: Carolo Losada Soto por Kassa de Elefante Elegante

Mellor vestiario: Yaiza Pinillos por Perplexo de IlMaquinario Teatro

 Mellor maquillaxe: Raquel Fidalgo por Pequenas certezas de Sarabela Teatro

Premio de honra Marisa Soto: Vicente Montoto

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

gala2 |

Vintage Modern, por Roi Vidal Ponte

checc81verevigo |

Chévere desembarca en Vigo