in

Chévere desembarca en Vigo

checc81verevigo

Ata os máis altos cumios

Manuel Xestoso

ChévereVigo

Nos países normais, ás compañías que gañan un Premio Nacional póñenlle alfombras vermellas para ir a todas partes. No País dos Ananos, esas compañías deben ir presentar o seu traballo aos bares. Non é que teñamos nada en contra dos bares: ao contrario, somos moi partidarios. Tampouco é que botemos de menos as alfombras vermellas: non saberíamos que poñernos. Pero ver a nun bar explicando o que son as Ultranoites provoca unha sensación estraña: é necesario explicalo despois de máis de vinte anos marcando o camiño do cabaré máis autóctono? Non esixiría este acto un escenario algo máis conspicuo e cerimonioso?

E, non obstante, hai algo que saímos gañando: o bar permite que as intervencións da compañía se manteñan pegadas as súas orixes máis canallas e menos convencionais. E os de Chévere, alérxicos á solemnidade, cumpriron con estas expectativas convertendo a presentación do libro Máis alá da ultranoite no bar Detrás do Marco, en Vigo, nunha especie de performance que incluíu música en directo, proxección comentada dalgúns dos vídeos que acompañan o libro, humor e, por que non, algo desa nostalxia que inevitablemente acompaña ao balance de máis de dúas décadas de traxectoria.

‘Ultranoite’ é o termo galego para cabaré e, dende o seu nacemento, acumula un expediente de valedores que lle outorgan un prestixio fóra de calquera cuestionamento: Roberto Vidal Bolaño, Xose Manuel Olveira “Pico”, Carlos Blanco, Quico Cadaval, Mofa e Befa, Luís Tosar, María Pujalte, Marta Pazos, John Ballan, Carlos Santiago, Iria Pinheiro, Os da Ría, , Uxía Senlle, Xurxo Souto, Clara Gayo, Fran Pérez… Unha lista exhaustiva sería tamén extenuante.

PUBLICIDADE

Xesús Ron comentou a propósito desta traxectoria que a das ultranoites era unha historia “paralela e apócrifa” do que sucedera neste país nos últimos vintedous anos, pero moitos sospeitamos que non, que o que se narra neste café de variedades é o verdadeiro relato do cambio de século en Galiza. Que o que asoma nas páxinas dos xornais é, en realidade, unha parodia do que os Chévere levan en cada ocasión ao escenario da sala Nasa. Abonda con mencionar o vodevil do petroleiro errante, o folletín do códice roubado ou o narcocorrido dun presidente subitamente afectado por unha amnesia que só lle permite lembrar a neve, para decatármonos de que o país está feito á medida das ultranoites, e non ao revés.

E como a Historia segue a súa órbita, os cosmonautas da Nasa continúan explorando novas rutas siderais e desembarcan –o verbo non é gratuíto– agora en Vigo, “pola billeteira, sen o respaldo económico directo das administracións públicas”. O programa completo de exploracións incluirá a proxección do documental A viaxe dos Chévere (Marco, luns 13 de abril ás 19:30)), unha función especial da Ultranoite no País dos Ananos (Auditorio Mar de Vigo, venres 17 de abril ás 21:00) e a presentación do seu último espectáculo, As fillas bravas (Sala Ártika, sábado 25 de abril ás 21:30 e domingo 26 de abril ás 20:00).

Os compoñentes da compañía invítannos a todos a participar “do seu éxito ou do seu fracaso”. Talvez a diferenza non sexa tan dramática, estando onde estamos.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    ilmaquinario recollendo premio ao mellor espectc3a1culo 2

    O humor non ten dúbida, por Camilo Franco

    arquitectura da emocion

    Arquitectura da emoción