in

Emedous estreará en abril a comedia dramática ‘A leituga’

A leituga 2 |
Antonio Durán ‘Morris’, Mercedes Castro, María Vázquez, Xosé Barato e Federico Pérez forman o elenco desta montaxe teatral dirixida por Víctor Duplá que se estreará o 6 de abril no Rosalía de Castro da Coruña

 

Antonio Durán ‘Morris’, Mercedes Castro, María Vázquez, Xosé Barato e Federico Pérez conforman o elenco de A leituga, a nova obra teatral da produtora Emedous que -baixo a dirección de Víctor Duplá- ensaian estes días na Casa da Cultura do Milladoiro e estrearán o venres 6 de abril ás 20h30 no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Despois de repetir ao día seguinte na cidade herculina, A leituga viaxará nos meses de abril e maio ao Auditorio Municipal de Ourense (11 de abril), Auditorio García Márquez en Mera-Oleiros (11 de abril) e ao Pazo da Cultura de Narón (os días 4 e 5 de maio).

A leituga aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún momento das nosas vidas: como actuaremos no momento en que os nosos pais se aproximen á morte? Deste xeito, a montaxe dirixida por Duplá achegaranos unha reflexión teatral ao respecto dos coidados e as relacións familiares a través de cinco personaxes que se han mover entre a esperanza e a aceptación, o sacrificio e a culpa, a moral e a ética, o afecto e o rancor. Así, A Leituga, tal e como indica o seu director, Víctor Duplá, afonda nos temas da dignidade humana, o dereito á vida e o dereito á morte, ao tempo que se fura nas relacións familiares, nos vínculos e as lealdades dentro das familias. A leituga transita deste modo entre a comedia e o drama, polo que público observará entre o riso e a reflexión as repercusións dos coidados nas relacións entre pais e fillos, parellas e irmáns e de que xeito poden chegar as saltar as fráxiles costuras dos afectos familiares nunha  situación de reparto dos coidados.


Publicidade

Emedous leva a escena un texto do autor venezolano César Sierra, autor e director caraqueño que se iniciou na escrita dramática e na dirección en 1984. Dende aquela, dirixiu máis de trinta obras en países como Venezuela, Estados Unidos, Arxentina ou España. A leituga estreouse en Nova York, Miami ou Santiago de Chile para agora chegar a Galicia da man de Emedous, coa dirección de Víctor Duplá e un elenco ben coñecido para os espectadores galegos, tanto para o público da escena coma para o do audiovisual.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

dicionario |

O Consello da Cultura presenta o “Dicionario Enciclopédico de Termos Escénicos”

ROSA ALVAREZ04 |

Rosa Álvarez recibe o Premio de Honra Marisa Soto