in

Aberta a recepción de traballos para o Congreso sobre Performance Art ‘Fugas e Interferencias’

FugaseInterferencias |

FUGAS E INTERFERENCIAS 2018 (3rd PERFORMANCE ART INTERNATIONAL CONFERENCE)

[Actualización: Amplíase o prazo de envío do resumo ata o 16 de xullo]

 

O 3º Congreso Internacional sobre Performance Art ‘Fugas e Interferencias’ celebrarase no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela entre o 29 de novembro e o 1 de decembro de 2018. O obxectivo fundamental do congreso centrarase na análise e reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica.

A organización do congreso abre a recepción de traballos para a súa presentación. Trátase dunha convocatoria aberta a artistas, teóricxs e estudantes para a presentación pública de investigacións en torno á arte de acción dende unha posición que presente múltiples perspectivas. As comunicacións presentadas han de ser orixinais e inéditas e non estar pendentes de publicación.

Os resumos son aceptados nos tres idiomas oficiais do congreso –galego, español e inglés– e deben ter unha extensión máxima de 1 000 palabras e un mínimo de 750. Recoméndase que o resumo se organice en función destas seccións: introdución, metodoloxía, temática que se vai abordar, obxectivos e bibliografía.


Publicidade

As persoas que desexen participar deberán expor unha reflexión que reflicta un estado de innovación na investigación teórico-crítica da linguaxe da arte de acción, ofrecendo hipóteses que nos axuden a anticipar o seu futuro. As propostas de comunicación seleccionadas deberán abordar algúns destes eixos temáticos que estruturan o congreso:

  1. A reflexión teórica da arte de acción. Esta sección tratará de contrastar os diferentes enfoques teóricos sobre a arte da acción para darlles visibilidade e poder construír un marco teórico de texto.
  2. A acción e as súas interseccións. O obxectivo é investigar a natureza híbrida da acción artística e como esta práctica evolucionou para incorporar estratexias de teatro contemporáneo, videoarte, danza, etc.
  3. As posibles interaccións entre a arte da acción e o contexto político. Proponse investigar como a arte da acción, desde enfoques e posicións moi diferentes, pode superar os límites do poder establecido/dominante para xerar un discurso estético alén dos antagonismos. Entre outros enfoques, imos prestar especial atención á natureza da acción artística desde unha perspectiva de xénero, teoría e arte feminista e/ou queer.

A data límite de envío é o 29 de xuño. O Comité Científico realizará a avaliación e selección dos resumos, fallarase o 20 de xullo e comunicarase a súa decisión a partir do 22 de xullo.

O congreso publicará os artigos completos cun ISBN electrónico emitido pola Universidade de Vigo.

Pódese ampliar información no web do Congreso: fugaseinterferencias.com

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DPR 02 |

‘Divinas Palabras Revolution’ no Teatro Español de Madrid

ESAD5 |

Premio Fegatea para a ESAD Galicia