A Xunta Directiva da Federación Galega de Teatro Afeccionado acordou, por unanimidade, concederlle o Premio FEGATEA á Animación Teatral, na súa quinta edición, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, pola súa continuada e destacada colaboración coa federación e co teatro amador en xeral
.
A FEGATEA, que agrupa a arredor de 50 grupos de teatro amador e asociacións culturais de toda Galicia, convoca este premio de carácter honorífico bianualmente. A súa finalidade é recoñecer o labor a prol do teatro dunha persoa, colectivo ou entidade.
Os anteriores gañadores deste galardón foron a erregueté | Revista galega de Teatro, Buxiganga –o programa pertencente á Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo–, a MIT de Ribadavia e Manuel Lourenzo
A entrega do premio terá lugar nun acto público, o sábado día 2 de xuño ás 22:30, en Lalín
- Vilagarcía de Arousa acolle o Festaclown - 21/08/2026
- Galeatro estrea ‘Os muíños no camiño’ - 20/08/2026
- Titiriberia celebra a súa undécima edición - 13/08/2026



