in , ,

As entradas para o FIOT de Carballo póñense á venda mañá

somoscriminais sl |

Este luns, día 17 de setembro, ábrese a venda de bonos para asistir as actuacións na sala da XXVII edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), que se desenvolverá en Carballo entre o 28 de setembro e o 31 de outubro.

Os primeiros que poden reservar praza son os membros da Asociación Cultural Telón e Aparte, que poderán mercar os bonos e as entradas para o espectáculo Somos criminais ata o día 24 de setembro.

A partir do 25 de setembro a venda de bonos e de entradas soltas estará dispoñible para o público en xeral. No caso das entradas soltas para a programación de sala, OTNI e Mercado, poderán adquirirse por internet desde o 25 de setembro ata o día antes de cada función, tamén poderán facerse de forma presencial na billeteira do Pazo da Cultura nos 90 minutos previos ao inicio da representación. As entradas de espectáculos interpretados en locais de hostalería poderán mercarse nos propios establecementos a partir do 21 de setembro.

Publicidade

A venda de entradas estará dispoñible en internet a través da plataforma: www.ticketea.com, na web oficial do festival (www.fiot.gal), e na súa páxina de Facebook.

Tamén poderán adquirirse entradas de forma anticipada no teléfono: 902 044 226.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Foradomapa |

Unha ducia de espectáculos no III Fóra do Mapa de Ferrol

eurodrame1 |

Convocatoria Eurodram 2018-2019