in

Teatro e música volven ao ciclo Sen Numerar do Fórum da Coruña

4074 |

Sen numerar é a programación escénica do Fórum Metropolitano da Coruña que permite vivir as propostas escénicas do xeito más próximo, grandes traballos en pequeno formato cos que gozar de excelentes propostas teatrais e musicais nun ambiente case íntimo. Este ciclo permite facer tamén unha oferta en horario lectivo para estudantes de secundaria e bacharelato.

O ciclo comezará este venres 21 con Loló e mamá, de De Ste Xeito Producións, un texto escrito e dirixido por Esther Carrodeguas e interpretado por Josi Lage e Stephy Llaryora. Loló e Mamá fainos ver, grazas a un humor fino e acedo, que as cousas case nunca son o que parecían, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo que o amor é unha ferramenta de dobre fío: canto máis se ama máis se sofre.

O 11 de outubro, Culturactiva presentará Senior, dirixida por Avelino González e interpretada por Luís Iglesia e Marcos Orsi [na foto]. Cunha comicidade sinxela e directa, na que doadamente se verá identificada a audiencia, e apoiada nun texto enxeñoso de creación propia, Sénior permítenos rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que, seguramente, moit@s de nós chegamos a vivir e de escenas que só se poden vivir, gozar e padecer a partir dos 50 anos.

Publicidade

O 27 de outubro, será a vez de Os límites do frío, escrita e dirixida por Lois Blanco e interpretada por Alejandro Carro, unha reflexión sobre a felicidade feita por un personaxe que vive na rúa. “Agora doume conta de que a felicidade depende moito do punto de vista e eu centreime no negativo e iso case me destrúe, por iso a partir de agora vou soñar de día, porque as noites están para descansar”.

O ciclo complétase con dous concertos de Mielitza, o 3 de novembro, e de El niño de la hipoteca, o 16 dese mesmo mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

eurodrame1 |

Convocatoria Eurodram 2018-2019

Paula Carballeira

A necesidade da alegría, por Paula Carballeira