in

O programa Residencias Paraíso abre ao público os proxectos de 2017

resipm |

O programa Residencias Paraíso, organizado polo Colectivo RPM para impulsar a investigación e a creación arredor das artes do movemento, presentouse o mércores 29 de novembro en A Coruña a través dun encontro que reuniu aos axentes implicados na iniciativa. Despois da presentación aos medios de comunicación do “Encontro Artistas 2017 #ResidenciasParaíso”, a sesión matinal tivo lugar na Fundación Luis Seoane da Coruña a modo de xuntanza interna para analizar e valorar o desenvolvemento desta primeira edición cara á preparación do programa 2018 xunto cos concellos colaboradores: A Coruña (co Teatro Rosalía Castro, ademais da propia Fundación Luis Seone), Carballo (Pazo da Cultura), Lugo (Vello Cárcere), Narón (Pazo da Cultura) e Ourense (Auditorio Municipal).

Na sesión de tarde, o Encontro Artistas 2017 #ResidenciasParaíso abriuse ao público coa presentación por parte das creadoras participantes das claves dos seus proxectos e das súas experiencias durante as súas estadías. Deste xeito, compartiron o seu traballo Begoña Cuquejo e María Roja, artistas residentes no Teatro Rosalía de Castro da Coruña co proxecto 2419CJX; Masako Hattori (compañía Kokoharuka), no Pazo da Cultura de Narón co proxecto Este es de aire el otro de agua; Diego M. Buceta, no Auditorio Municipal de Ourense co proxecto As vacacións máis longas; Óscar Bueno, na Fundación Luis Seoane da Coruña co proxecto Línea larga punto punto punto más alto curva hacia arriba punto; Estela Lloves, no Vello Cárcere de Lugo co proxecto Sempre viva; Areta Bolado e Ailén Kendelmán, tamén no Vello Cárcere co proxecto Barba inguinal; e Borja Fernández e Diego Anido, no Pazo da Cultura de Carballo con O inevitable.

O oitavo proxecto incluído nesta sesión chega da man de Cristina Vilariño, quen durante o mes de novembro desenvolveu unha residencia en El Graner de Barcelona para afondar na súa liña de investigación, centrada na aprendizaxe a través do movemento. Esta colaboración levouse a cabo dentro da sección Cruceiros Paraíso, que supón a extensión das Residencias Paraíso fóra de Galicia.


Publicidade

Impulsado polo colectivo independente RPM –integrado por integrado por Rut Balbís, Caterina Varela, Félix Fernández, Andrea Quintana e Alexis Fernández-, o programa Residencias Paraíso debúxase como un primeiro paso na construción dun programa xeral de impulso á danza en Galicia. Na súa primeira edición, neste 2017 a iniciativa foi acollida con éxito de convocatoria ao recibir 60 propostas chegadas de Galicia e do resto do Estado.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ErnestoIs2 1 |

Entrevista a Ernesto Is

asfilhasdodiabo |

As fronteiras son cicatrices no terreo e poñémolas nós, por Paula Carballeira