José Luís Baños de Cos impúxose no I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle convocado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, coa obra Fashion Victims. O xurado, composto por Xosé Manuel Rabón, director de escena, Sabela Hermida, actriz e investigadora e Lino Braxe, dramaturgo e director de escena que actuou como secretario.
O xurado concedeu, ademais, dous accesits: o primeiro foi para a peza Albatros en terra da autoría de Albert G. Aneiros; o segundo foi para No ventre da balea, de Fernando Castro Paredes.
As tres pezas traballos galardoadas publicaranse no primeiro Caderno de Teatro Jenaro Marinhas del Valle mentres que o texto gañador será posto en escena, en formato de lectura dramatizada, por ACAB Teatro, grupo teatral da Agrupación.
- O CDG e Contraproducións inician a xira de ‘Memorias dun neno labrego’ - 29/01/2026
- O FIOT estrea ‘Territorio Regueifa’ - 21/01/2026
- Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación - 16/01/2026



