A Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle, que se rexerá por estas bases:

  • Os orixinais estarán escritos en galego e a temática será libre.
  • As obras presentadas terán un máximo de 20 folios, en tipo de letra Times New Roman, e cun tamaño de letra de 12; ou ben mecanografados a dobre espazo.
  • Establécense un 1º Premio e dous 2º premios, os cales serán publicados nos Cadernos de Teatro Alexandre Bóveda. Asemade o 1º Premio será estreado, en formato de lectura dramatizada, por ACAB Teatro, o grupo teatral da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
  • O prazo de admisión de orixinais rematará o 1 de maio do 2018.
  • Os participantes e as participantes no I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle comprométense a aceptar o regulamento das presentes bases.
  • Os orixinais non serán devoltos aos autores e autoras, quedando en propiedade do Arquivo de Textos do Grupo de Teatro Alexandre Bóveda.
  • Os orixinais serán enviados ao seguinte enderezo: Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Rúa dos Olmos,16-18, 1º – 15003 – A Coruña. Figurando dentro do sobre coas copias, outro no que constarán no seu exterior o lema co que se presenta o traballo, e no seu interior, os datos dos participantes: Nome, enderezo, título da obra e teléfono de contacto.
  • O xurado estará formado por profesionais do sector de recoñecido prestixio.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos