in

III edición do festival herDanza en Compostela

Ulises3 |

Obradoiros formativos, proxeccións, residencias creativas, conversas con profesionais e espectáculos de pequeno e mediano formato en rúas e espazos abertos da cidade: esa é a oferta que o festival herDanza presentará do 3 ao 8 de setembro en Compostela.

O festival comezará oficialmente o día 3 de setembro cunha presentación do programa na Casa do Matadoiro acompañado dunha cata de viño. Os día seguintes, tamén na Casa do Matadoiro, será a quenda das conversas e mesas redondas: o martes 4, ás 21:00, Alba Barral e Sonia Rodríguez conversarán sobre “O papel da muller na danza” e o mércores 5, tamén ás 21:00, Enrique Latorre e Marta Pérez farano sobre “O corpo como resistencia”.

Os espectáculos abertos seguen a ser o principal atractivo do festival para o público de Compostela e neles poderá verse o traballo de numerosos artistas galegos e de fóra. Comezarán o xoves 6 de setembro, ás 20:00, na Igrexa de Salomé, con Dani Boogz, que presentará Crisálida. Ás 21:30, Fran Martínez estará na Igrexa das Ánimas con A temperatura, o temperamento. O día rematará cunha proxección por confirmar na Casa do Matadoiro.

O venres 7 de setembro, o programa comezará no CGAC: Dani Boogz e Graciel Stenio presentarán alí Sombras ás 18:30 e, a seguir, presentaranse os resultados da Residencia Creativa con Iker Gómez de Daniel Delgado, Sara Incera, Lara Munín, Noel Quintela, Paula Ripoll e Inés Santos. Xa ás 20:00, a compañía 5S estará con Torre de Babel nos Arcos de Bonaval, para rematar o programa do día na praza da Inmaculada con Les Braves e o seu espectáculo Volutas.

O festival remata o sábado 8 de setembro. De 12:30 a 14:00, nos Bancos da Alameda, haberá unha clase aberta a cargo de Dani Boogz baixo o título Popping/Boogaloo. Ás 18:30, no Museo do Pobo Galego, Clara Ferrao presentará Miñaxoia e ás 20:00, na praza de Santo Agostiño, Ánxela Blanco estará coa súa obra Ulises e a nena durmida. [na foto]. Ás 21:30, herDanza poñerá o punto final con Imprevisibles, un espectáculo de danza improvisada con música en directo na praza de San Martiño Pinario.


Publicidade

 

Actualización:

A proxección do día 6 consistirá nunha selección de curtas a cargo do director do Festival Choreoscope, Lorand Janos, co soporte do Institut Ramon Llull:

Ànim
2011, 10 ́50″
Dirección: Marc Costa, Aixa Sanuy
Coreografía: Kanga Valls

Move Away
2015, 5 ́11″
Dirección: Ch Martínez
Coreografía: Pere Joseph Vilaplana & Maria De Acha
Premio á Mellor Curtametraxe Internacional de Danza Choreoscope 2015

De Farol
2014, 6 ́05″
Dirección e coreografía: Virginia García, Damián Muñoz

IRØN MODVM
2015, 3 ́46″
Dirección: Derek Pedró
Coreografía: Iron Skulls Co

Amani
2016, 7’ 21’’
Dirección e coreografía: Noemi Perez
Premio al Mejor Cortometraje Internacional de Danza Choreoscope 2017

No Room for Doubt
2016, 4 ́07″ Dirección e Coreografía: Aina Lanas
Escola: ESCAC
Premio á Mellor Curtametraxe Novos Talentos de Cataluña Choreoscope 2016

The Missing Part
2016, 21 ́40″
Dirección: Salvador Sunyer, Baró d ́Evel
Coreografía: Baró d ́Evel
Premio á Mellor Curtametraxe Internacional de Danza Choreoscope 2016

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PiscoreConcertoSing03 |

Cultura no Camiño pecha en setembro con 44 actuacións escénicas e musicais

OasisParaiso |

TRC Danza dá a coñecer os proxectos das Residencias Paraíso 2017