Actualidade

Cultura no Camiño pecha en setembro con 44 actuacións escénicas e musicais

PUBLICIDADE

O ciclo Cultura no Camiño programará durante o vindeiro mes de setembro un total de 44 actuacións escénicas e musicais como peche da súa sexta edición, que deu comezo a mediados de abril para ofrecerlle 340 citas culturais ao público de 103 municipios ubicados nalgunha das rutas xacobeas en Galicia.

No arranque da súa carteleira teatral de setembro, o domingo 2, Ponte Ledesma, en Boqueixón (A Coruña), acollerá a montaxe circense Forzu2, de Circo Chosco, ás 18,00 horas; o Auditorio da Azucreira de Portas (Pontevedra) recibirá á compañía Píscore, con Concerto singular, á mesma hora. Ás 19,00 horas, o Paseo do Malecón de Sarria (Lugo) acollerá unha función de Ghop!, de Teatro ó Cubo.

A programación continuará ata finais de mes noutra trintena de localidades, todas elas situadas nalgunha das rutas do Camiño de Santiago en Galicia. É o caso dos concellos coruñeses da Coruña, Culleredo, Fisterra, Mazaricos, Neda, O Pino, Oroso, Ribeira, Teo e Vilasantar; de A Fonsagrada, Begonte, Chantada, Guitiriz, Lourenzá, Mondoñedo, Palas de Rei, Paradela e Sober, en Lugo; de Ourense e San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense; e dos pontevedreses da Guarda, Caldas de Reis, Catoira, Meaño, Oia, Pontecesures, Redondela, Silleda e Valga.

Esta sexta edición do ciclo mantén como obxectivo enriquecer e descentralizar a oferta cultural galega, así como dinamizar a contratación dos espectáculos de teatro, música, maxia, novo circo e danza producidos en Galicia de xeito profesional. De feito, este ano son 142 as formacións artísticas en cartel, cifra moi superior á das 56 compañías coas que esta iniciativa se puxo en marcha en 2013.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!