in

“Venres de Teatro” na Libraría Pedreira de Compostela

OvaloPedreira |

O vindeiro venres 28, ás 20:00, a Libraría Pedreira de Compostela inicia un novo proxecto baixo o título “Venres de Teatro”, no que colaboran con artistas de diversa índole da literatura e das artes escénicas, con representacións e lecturas dramatizadas, co fin de ofrecerlles un pequeno espazo onde poidan amosar as súas propostas.

Esta primeira edición comezará coa representación de O valo de Carlos Labraña, un texto que propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades coa guerra de Siria como pano de fondo.

Carlos Labraña é un autor ben coñecido polo seu teatro familiar, con títulos como O teatro dos soños, Os sons da buguina (II Premio Meira Moiga de Literatura infanto-xuvenil no 2006), A pequena compaña (VIII Premio Estornela de teatro para nenos, 2014) ou Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada (Premio á mellor obra de teatro da Gala do Libro Galego no 2017).


Publicidade

O valo foi a obra galardoada co X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil en 2016.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MedeaenCamariñas |

Laiovento publica o primeiro teatro de Andrés Pociña

FiotPremioCultura |

O FIOT de Carballo recibe o Premio da Cultura Galega