in , ,

O FIOT de Carballo recibe o Premio da Cultura Galega

FiotPremioCultura |

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo foi recoñecido onte co Premio da Cultura Galega 2018 na categoría de Artes Escénicas. O fallo do xurado deuse a coñecer onte á tarde despois da reunión mantida polo xurado na CIdade da Cultura.

A Consellaría destaca a traxectoria do Festival Internacional Outono de Teatro e o xeito no que, nos seus 27 anos de vida, logrou transformarse en “todo un referente na difusión e visualización das artes escénicas de Galicia”.

“Pola súa traxectoria, calidade da programación e a variedade das propostas de intermediación cultural que ofrece, está recoñecido como un dos máis importantes festivais de Galicia, cun programa que vén ofrecendo unha trintena de obras e preto de 100 actividades paralelas”, indica a acta do xurado.


Publicidade

O FIOT, cuxa 27ª edición comezará este próximo venres, converteurse nun referente na difusión e visibilización das artes escénicas de Galicia. Celébrase en Carballo desde 1992, organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte en colaboración co Concello de Carballo.

Tamén foron premiados este ano Xosé María Álvarez Cáccamo (quen, á marxe da súa formidable obra poética e ensaística, é autor tamén de varias obras de teatro), Luz Darriba, o grupo A Roda, o Festival de Cans, Antón Santamarina, a Asociación O Sorriso de Daniel e Ramón Villares.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

OvaloPedreira |

“Venres de Teatro” na Libraría Pedreira de Compostela

fillosdosol6 |

A Mostra de Teatro de Ribeira comeza en outubro