Actualidade

A Mostra de Teatro de Ribeira comeza en outubro

PUBLICIDADE

Dez representacións forman o cartel da Mostra de Teatro de Ribeira 2018, a “proposta estrela” da Concellería de Cultura para o outono.

A Mostra desenvolverase todos os venres ás 21:30, agás a función inaugural, que será este sábado a cargo do Grupo Municipal de Teatro, con Cousas. Nesta edición as entradas terán un prezo simbólico de 3 euros, a excepción da función deste sábado, que será gratuita. A finalidade desta medida é darlle a posibilidade ao público de reservar butaca mediante a compra da entrada, para evitar saturacións no acceso ao auditorio.

Canto ás funcións da Mostra, o 5 de outubro Sergio Pazos presentará o monólogo Rebento se non o conto. Unha semana despois, o día 12, Mofa e Befa estarán con Cranios Privilexiados. O 19 de outubro será a quenda de Sénior, comedia protagonizada por Luis Iglesia e Marcos Orsi e dirixida por Avelino González. O mes rematará con Redrum e a súa montaxe de Estás aí, o 26.

Novembro comezará con Servidor de dous amos, de Talía Teatro, o día 2, e continuará o día 9 con O Furancho de Ibuprofeno Teatro, con Marián Bañobre e Isabel Risco. O día 16, Contraproducións poñerá en escena Fillos do sol alrededor da figura de Eduardo Pondal e o día 23 será A Panadaría a que representará Pan, Pan .

A mostra clausúrase o 30 de novembro co novo espectáculo de Culturactiva Papar sen cancelas, continuación de Falar sen cancelas.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!