in

Chévere presenta a Biblioteca de Teatro de Kalandraka en Vigo

Kalandrakabibliotecadeteatro |
A editorial anuncia, ademais, a publicación de Citizen neste primeiro trimestre do ano.

 

O venres 18, no Teatro García Barbón, Chévere abrirá a tempada en Vigo de Afundación con Eroski Paraíso, pero un día antes, o xoves 17, integrantes da compañía e da editorial Kalandraka presentarán os tres primeiros volumes da colección Biblioteca de Teatro: Río Bravo, Annus HorribilisEroski Paraíso, na Libraría Cartabón da cidade olívica.

A Biblioteca de Teatro da Editorial Kalandraka iniciouse con estas tres obras de Chévere e pretende documentar o teatro “feito a pé de escenario”, como precisa a compañía, da que é posible ir descubrindo “como transforma o texto cun imaxinario propio e intransferible” forxando un estilo xenuíno que se caracteriza polo “ton irreverente e canalla” das súas producións.

Rio Bravo inaugurou a colección, da que xa se editaron tres títulos, e resultou gañadora, na categoría de Teatro, dos últimos Premios Gala do Libro Galego, que organizan a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG). Na entrega dos premios, Xesús Ron agradeceu a oportunidade de “aproximar a realidade dos escenarios e a literaria” e felicitouse pola iniciativa que presupón “que aínda se le teatro”.

Dende a súa estrea hai tres anos, esta montaxe -galardoada cos Premios María Casares 2017 á mellor dirección, mellor espectáculo, mellor actriz protagonista e mellor canción orixinal- chega a 2019 con máis de 120 funcións en 63 localidades de 12 comunidades autónomas e máis de 30.000 espectadores, sendo un dos espectáculos galegos máis vistos e con maior proxección estatal dos últimos anos.

Eroski-Paraíso explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións humanas a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990 ata que o local se converteu nun supermercado. Feitos coma este repítense en numerosas localidades onde os cines, as salas de festa e outros espazos de socialización transformáronse en lugares de consumo.


Publicidade

Paralelamente ao percorrido teatral de Eroski Paraíso e á súa versión en formato libro, tamén se rodou unha adaptación cinematográfica -dirixida por Jorge Coira- que se estreará neste 2019.

Ademais, a colección “Biblioteca de Teatro” de Kalandraka terá continuidade ao longo deste primeiro trimestre do ano coa publicación de Citizen.

O encontro, aberto ao público, será o xoves 17 ás 20:00, na Libraría Cartabón (Urzáiz, 125) de Vigo.

 

Esta noticia foi ampliada o 16 de xaneiro.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ColectivoMarcianoBalboa |

O Colectivo Marciano Balboa preséntase con ‘O inevitable’

AfonsoBecerraProLightEstudio |

Afonso Becerra presenta en Lisboa ‘Confio-te o meu corpo’