Afonso Becerra presenta en Lisboa ‘Confio-te o meu corpo’

Afonso Becerra presentará en Lisboa, o vindeiro 19 de xaneiro, o seu libro Confio-te o meu corpo. A dramaturgia pós-dramática (Através Editora). O acto terá lugar no Teatro da Politécnica, as 18:30, e Jorge Silva Melo, director de Artistas Unidos, exercerá de anfitrión presentando e comentando a obra. Ademais, participarán a investigadora en artes performativas e teatro contemporáneo, Marisa F. Falcón e a escritora Teresa Moure, directora da colección Alicerces de Através Editora.

O libro de Becerra trata de achegar luz sobre o chamado teatro posdramático, poñendo o corpo no centro do discurso e tratando de desenmascarar o logocentrismo que, segundo o autor, pexan a comprensión do feito escénico na tradición occidental.

Afonso Becerra de Becerreá é doutor en Artes Escénicas pola Universidade Autónoma de Barcelona, dramaturgo e director. Como ensaísta publicou O ritmo na dramaturxia (2005), Dramaturxia. Teoría e práctica (2007) e Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro (2012). Publicou as pezas teatrais Agnus Patris (2002), Crio-Xénese (2007), Dramatículas (2010) e Textículos dramáticos e posdramáticos (2014). Prémio Álvaro Cunqueiro da Xunta da Galiza para textos teatrais. Premio Maria Casares á Mellor Versión / Adaptación Teatral.

 

Foto: ProLight Estudio. Presentación de Confio-te o meu corpo na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, 2018.

Deixar unha resposta