in

Estudo Momento estrea Macbeth

MACBETH estreaTRC |

Estudo Momento estrea hoxe unha nova versión dun dos clásicos de Shakespeare:  Manuel Lourenzo é o responsable desta adaptación en formato curto e en verso que se estrea hoxe venres, 25 de xaneiro, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña cunha única función.

Os responsables de Clásicos nunha hora, Xoan Carlos Mejuto e Iria Ares, dirixen e interpretan as personaxes principais, Macbeth e Lady Macbeth, desta adaptación da traxedia escocesa, na que tamén estarán Luis Iglesia, David Perdomo e Carlos Sante.


Publicidade

Macbeth. O ruído e a furia adapta unha das traxedias máis importantes de Shakespeare, unha traxedia celta sobre a cobiza, a ambición e o destino. Unha versión que continúa o labor de adaptación de grandes clásicos universais de Estudo Momento, despois da súa versión de Casa de Bonecas, de Ibsen.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

bassi3 |

Leo Bassi leva a Pontevedra o seu espectáculo ‘El último bufón’

6536 01 |

Xulio Lago recibe o Premio de Honor da ADE