in

Mensaxe para o Día Mundial da Marioneta

marionette 2470594 1280 |
Unima Interrnacional dá a coñecer a mensaxe do Día Mundial da Marioneta 2019 (21 de marzo), que chega da man do titiriteiro e director teatral Dadi D. Pudumjee, Presidente da Unima.

 

Mensaxe para o Día Mundial da Marioneta UNIMA 2019

Benqueridos amigos marionetistas, socios de UNIMA, estimados colegas de todo o mundo que estades connosco hoxe, a miña máis sincera benvida a todos!

Cando me solicitaron escribir a mensaxe do Día Mundial da Marioneta de UNIMA para 2019 sentinme emocionado até as bágoas pola gran honra e privilexio que isto supón.

Estou orgulloso de compartir que somos a organización internacional de teatro de marionetas máis antiga do mundo. Tradición, talento, imaxinación e traballo duro: estas son as sólidas columnas que sosteñen a UNIMA. Os nosos fundadores e aqueles que traballaron con visión son os que lle deron forma ao mundo da marioneta actual. Algúns de eles están entre nós, outros están na nosa memoria, mais os seus ideais, valores, legado artístico e, sobre todo, empatía, están aínda vivos a través dos nosos máis de 90 centros nacionais e representantes de todo o mundo.

Dende os seus inicios, UNIMA foi coñecida como unha plataforma para nutrir, apoiar, intercambiar e compartir ideas creativas, pensamentos e traballo. Neste 90 aniversario o noso compromiso debe ser coas novas e futuras xeracións de novos titiriteiros, tanto tradicionais como modernos, que crean a esencia máis bela da súa imaxinación, da súa creatividade, das súas ideas. Se se me permite dicilo, nós estamos agora na ponte, coa bagaxe das xeracións pasadas reinventándonos a nós mesmos e observando un futuro brillante e positivo.

Vivimos na era da tecnoloxía, que nos brinda grandes oportunidades, tanto á marioneta como a UNIMA. Captar novos públicos, usar marionetas de xeito que conten historias máis vívidas e crear novos modelos de distribución e plataformas para mostrar o noso traballo.


Publicidade

A miúdo escoiteille á xente preguntar por que UNIMA. Ao que respondo: UNIMA é unha familia con Recursos Humanos dispoñibles en todo o mundo. Temos unha enorme armada de voluntarios por todo o planeta que sempre están dispostos a axudar e alimentar o talento.

Que é o que nos atrae tanto desta forma artística á que nós mesmos lle damos vida?, é o inanimado que se volve animado e ten licencia para dicir o que nós non nos atrevemos a facer?, ou é que nos vemos a nós mesmos como creadores manipulando os nosos problemas? Sexa cal sexa o caso, os títeres de todo o mundo expresaron, xogaron, loitaron, amaron e vinculáronse coa nosa memoria, as nosas pasadas lembranzas co noso presente. Estamos aprendéndolles ás novas xeracións que debemos aferrarnos aos nosos valores e tradicións e ao mesmo tempo abrirnos ás novas ideas.

Celebremos pois este amor, non só polo arte da marioneta, senón sobre todo por tratar de entender as diferenzas que existen entre as nacións e as culturas, que deben achegarse e apoiarse nunha celebración como a de hoxe. Esta organización e forma artística permítenos promover os valores humanos máis nobres, como a paz e o entendemento mutuo entre persoas, independentemente da súa orixe, conviccións políticas ou relixiosas e diferencias culturais, de conformidade co respecto dos dereitos humanos fundamentais tal como se define na Declaración Universal dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas. Presente en más de 90 países, UNIMA é unha plataforma para intercambiar e compartir entre persoas que practican A Arte da Marioneta, investigadores, historiadores e apaixonados por esta forma artística.

No Día Mundial da Marioneta estou encantado de ver que, como organización, chegamos a tantas persoas e tantas comunidades en todo o mundo, especialmente en áreas desfavorecidas, para quen a oportunidade de experimentar o teatro de marionetas, doutro modo, non tería sido posible. É un honor e un privilexio traballar con todos vós como Presidente de UNIMA. Ao longo das miñas viaxes, percibín unha gran sensación de unión entre os titiriteiros de todo o mundo. Hai unha chama en todos vós que nos mantén en marcha sen importar a situación e sempre hai un sorriso cando nos atopamos e intercambiamos pensamentos e ideas. Puiden cultivar grandes amigos e formar unha marabillosa familia en todo o mundo e iso é o que me acompañará o resto dos meus días.

Grazas.

Dadi D. Pudumjee

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

palaciodaopera1 |

Amigos da Ópera da Coruña recibe o premio de honra Ópera XXI

MariaCasares12 |

María Casares 2019. Todos os premios