O Festival de Teatro Transfronteirizo de Castela-León desenvólvese en Zamora os días 29, 30 e 31 de marzo con participación de grupos de teatro non profesionais de Castela, Galicia e Portugal. O evento, que se enmarca dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador –formada pola Federación Galega de Teatro Amador, a Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León, o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana/TEIA e a erregueté– inclúe un programa que combina a exhibición de espectáculos, a formación e as lecturas dramatizadas en tres linguas do texto gañador do I Premio Platta de Teatro Breve.
As representacións teatrais comezarán o venres 29 ás 20:00 co espectáculo La sombra del Tenorio da man do grupo burgalés El Duende de Lerma. O sábado 30 o grupo portugués Val Avante tomará o relevo coa presentación de Do Céu Caiu un Anjinho (el canto del loco), mentres que o domingo 31 de marzo o grupo galego Ditirambo tomará o relevo coa presentación de Anónima 18 ás 19:00. Todas as representacións terán lugar no teatro Elvira Fernández da Junta de Castilla y León.
O domingo a partir das 12:30 horas o Paraninfo do Colegio Universitario acollerá a lectura dramatizada en galego, castelán e portugués da peza Amor de gravata, de Antonio Mauriz. Gañador do I Premio Platta de Teatro Breve – Castilla y León, o dramaturgo galego Antonio Mauriz acompañará o acto das lecturas, que se completará coa presentación da colección Cadernos Platta: unha serie de pezas breves en tres linguas concibida para a nutrir de textos os obradoiros de lecturas dramatizadas e contribuír á promover a dramaturxia contemporánea e a súa difusión entre os territorios integrantes da PLATTA.
Por último, no espazo de formación o programa inclúe un curso de teatro xestual que completa as actividades deste proxecto que regresa unha ano máis á provincia Zamora e que terá unha nova cita en Galicia no mes de maio no Carballiño e no mes de setembro en Viana do Castelo.