in

Ana Vallés, finalista do Premio Max á Mellor Dirección Escénica

MatarileCircoPulgas16 |
Vallés desputará o galardón con Silvia Munt e Xavier Albertí na gala que se celebrará o próximo 20 de maio.

 

O Comité Organizador da 22º edición dos Premios Max deu a coñecer onte os finalistas das 19 categorías a concurso, confirmando a Ana Vallés como unha das tres finalistas ao Premio Max á Mellor Dirección Escénica polo espectáculo Circo de pulgas, producido por Matarile Teatro.

Vallés, nada en Ferrol, está á fronte da compañía dende hai máis de 30 anos e colleitou numerosos recoñecementos dentro e fóra das nosas fronteiras. En compañía de Baltasar Patiño, sacou adiante outros importantes proxectos como o Festival En Pé de Pedra, a Sala Galán ou, máis recentemente, a Sala Montiel, un proxecto efémero de tan só 3 meses que viu a luz grazas a unha campaña de micromecenado.

A gala terá lugar o próximo 20 de maio no Teatro Calderón de Valladolid. Alí, Ana Vallés medirá as súas forzas con outros dous importantes directores: Sílvia Munt (por La resposta) e Xavier Albertí (por Temps Salvatje).


Publicidade

O espectáculo Circo de pulgas estreouse no Festival Internacional de Teatro de Ourense, FITO, en 2017 e dende aquela pasou por numerosos espazos e festivais como Naves Matadero, TNT, FETAL ou o LAVA de Valladolid.

A candidatura de Vallés é a única representación galega na lista de finalistas deste ano, despois de que Circo de pulgas e Casa O’Rei, de Ibuprofeno Teatro, sumasen dez candidaturas na primeira fase. Dos 358 espectáculos inscritos nesta edición, 119 resultaron candidatos, dos cales 35 chegaron á última fase, sumando un total de 57 finalistas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AAGParlamento |

A AAAG leva ao Parlamento a preocupación pola deriva do Centro Dramático Galego

Running |

De Ste Xeito estrea ‘Running’ en Vigo