in , ,

Matarile estrea o seu novo espectáculo no FITO de Ourense

LimonesMatarile |
Matarile estrea en Galicia a súa nova produción, Los limones, la nieve y todo lo demás, un dúo codirixido e coprotagonizado por Mónica García e Ana Vallés. | Foto: Edición Rusa |

 

Matarile Teatro estreará en Galicia o seu novo espectáculo Los limones, la nieve y todo lo demás, dentro da programación do FITO-Ourense. A representación terá lugar o venres 12 de outubro ás 22:30 horas no Auditorio Municipal de Ourense. As entradas pódense adquirir en ataquilla.com ou no propio espazo desde dúas horas antes do inicio da peza.

Los limones, la nieve y todo lo demás é un dúo codirixido e coprotagonizado por Mónica García e Ana Vallés, con iluminación e escenografía de Baltasar Patiño. A peza estreouse en Oviedo o pasado mes de xullo e ten previsto xirar por diferentes festivais e teatros nacionais.


Publicidade

Matarile Teatro é unha das compañías de referencia no teatro contemporáneo desde hai máis de 30 anos. Desde a súa creación en Santiago de Compostela en 1986 foi desenvolvendo unha linguaxe artística e estilo propios, poñendo en escena máis de 30 espectáculos cos que alcanzaron máis de vinte premios e mencións en distintos puntos de Europa. Pola súa parte, Mónica García é unha actriz, bailarina e coreógrafa asturiana, Premio do Xurado no Certamen Coreográfico de Madrid e que goza dunha longa e prestixiosa traxectoria, tanto en solitario como con outras compañías.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

OtiPerlio |

‘O Novo Teatro Galego en Perlío’, novo libro de Francisco Oti

Eirís |

Inauguración da colección bibliográfica de Xoán Manuel López Eirís en Carballo