in

‘Invisibles’, de Redrum Teatro, Premio Luísa Villalta

InvisiblesGrande |

A achega do espectáculo Invisibles, de Redrum Producións, ao público dos centros de ensino medio con representacións en grandes espazos escénicos foi merecente dun dos Premios Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade da Deputación da Coruña.

Invisibles é o único proxecto de artes escénicas premiado, dentro dun palmarés que recompensa, maiormente, proxectos audiovisuais, como Mulleres que lideran o mar de Coop4equality Proxectos de Innovación Social; Nación, un sitio onde pousar a cabeza, arredor das mulleres que se fixeron eco na sociedade industrial, de Nós, Produtora Cinematográfica Galega; Dorothé na Vila, arredor da musicóloga e compositora suíza que recompilou o cancioneiro popular galego, Dorothé Schubert, de Alejandro Gándara; ou Luz Fandiño, a poeta analfabeta, de Cósmica Producións, entre outros.

Invisibles, que vén de gañar tres Premios María Casares o pasado mes de marzo (dirección, adaptación-tradución e iluminación), é unha adaptación do libro do mesmo título da xornalista Montse Fajardo. Dirixida por Marián Bañobre, recolle o relato de sete vítimas reais do maltrato. Trátase dunha peza que sitúa tres mulleres distintas (interpretadas por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez) nun lugar indeterminado e que busca que non haxa máis mulleres invisibles vítimas de violencia de xénero.


Publicidade

Nesta segunda edición, foron 49 os proxectos presentados ao Premio Luísa Villalta, que un xurado composto polas deputadas de Igualdade e Cultura, Ánxela Franco e Goretti Sanmartín Rei ademais de Susana Seivane, Lucía Veciño e Isabel Risco tivo que valorar para seleccionar os dez que finalmente recibiron apoio da Deputación da Coruña.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ManoliñoNguema |

‘Manoliño Nguema’ no Play Doc de Tui

fábula galénica |

Comeza a Mostra de Títeres de Ribeira